Reportaje:Luces

Un "galleguito cubano"

Raúl Castro visita o pavillón da Xunta na Feira do Libro, onde departe coa conselleira Bugallo e lembra as súas orixes

"A feira ten algo de ir ao outro lado de La Habana". Así comezou o repaso da súa relación sentimental cos libros o escritor cubano Antón Arrufat, xunto a Graziella Pogolotti, os autores homenaxeados nesta edición do encontro. E nesoutro lado de La Habana, na beira da canle, atópase o parque La Cabaña, onde na mañá de onte se inaugurou a Feira Internacional do Libro con Galiza como convidada de honra.

A Arrufat, poeta e narrador, amigo íntimo de Julio Cortázar, precedérao a música etnoelectrónica de Mercedes Peón e sucedérono, no uso da palabra, Pogolotti, a conselleira de Cultura, Ánxel...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"A feira ten algo de ir ao outro lado de La Habana". Así comezou o repaso da súa relación sentimental cos libros o escritor cubano Antón Arrufat, xunto a Graziella Pogolotti, os autores homenaxeados nesta edición do encontro. E nesoutro lado de La Habana, na beira da canle, atópase o parque La Cabaña, onde na mañá de onte se inaugurou a Feira Internacional do Libro con Galiza como convidada de honra.

A Arrufat, poeta e narrador, amigo íntimo de Julio Cortázar, precedérao a música etnoelectrónica de Mercedes Peón e sucedérono, no uso da palabra, Pogolotti, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o director do Instituto Cubano do Libro, Iroel Sánchez. Entre o atento público, o presidente en funcións Raúl Castro, dous ministros, varios presidentes, o ministro de Cultura de Venezuela -o galego Farruco Sesto Novas- e, na boca dun escéptico xornalista cubano, "moito Partido

Asistiu o presidente, dous ministros e outras autoridades latinoamericanas
O cóctel de benvida ofrecido polo Goberno estivo inzado de gaitas

[en relación ao número de cargos do Partido Comunista Cubano]".

A asistencia de Castro non se chegou a confirmar antes do evento. Entre a incerteza e a expectación, era a súa figura a que convocaba a maioría de cámaras e plumas reunidas. Pero alguén advertiu, no alto da muralla do recinto histórico que abeira o certame, a presenza do xefe de seguridade dos Castro, e dixo lacónico: "Hoy viene El tipo". El tipo apareceu acompañado do ministro de Cultura, Abel Prieto, e visitou despois, canda a delegación galega, as instalacións do pavillón da Xunta. A plana maior do Estado cubano recibiu, impertérrita e agradecida, a sesión da música cada vez máis avanzada que desprega Mercedes Peón. "Calquera cousa que fagas en Cuba relacionada coa música vai funcionar", explicaba un oriundo. Castro non subiu ao palco mais, ao rematar os actos, achegouse á nutridísma concorrencia mediática, da CNN á revista web La Jiribilla, para relatar a súa relación familiar con Galiza: "Daquela saímos nós, galleguitos cubanos". "Con Fidel isto resultaba impensábel, que parase a parolar cos xornalistas", comentou un fotógrafo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Ánxela Bugallo, referírase antes ás pontes seculares entre Galiza e Cuba. "Entre 1870 e 1960 emigraron a Cuba case medio millón de galegos", explicou, "e este país tendeunos unha man fraternal que agora devolvemos con responsabilidade e entusiasmo na preparación destes actos". Bugallo lembrou ao país convidado na anterior edición da feira, Arxentina, sintetizou a experiencia cultural galega en tres paraxes chave -os castros, o corpo das cantigas medievais e o patrimonio inmaterial- e lembrou títulos centrais da literatura agromados na illa: Follas Novas, de Rosalía de Castro, e No desterro e Vento mareiro de Ramón Cabanillas. Bugallo, igual que despois o director do Instituto Cubano do Libro, rematou cunha cita de Neira Vilas, por aclamación popular un dos símbolos vivos da conexión cubano galega.

As caras da delegación galega non se amosaban excesivamente afectadas, se se ten en conta o cóctel de benvida que, na Praza da Catedral, ofrecera o Goberno cubano a noite anterior, inzado de gaitas, son, intercambio de impresións entre escritores e o retrouso omnipresente en gran parte de América Latina: "Aquí todos somos galegos". Na Feira do Libro de La Habana póñense á venda 8 millóns de libros de case 300 editoriais diferentes. España, México e Perú son os países con meirande troco comercial no encontro. Alén da retórica institucional, a feira supón todo un acontecemento para a poboación habanera. Motivados polo elevado nivel cultural pero tamén pola economía de subsistencia -na que hai quen merca libros para logo revendelos-, os cubanos acoden en masa a La Cabaña.

Archivado En