Entrevista:UNHA LINGUA RENDIBLE | Arturo Dopico - R Cable de Galicia | LUCES

"Somos o líder de Internet nas cidades galegas"

R ten un volume de negocio de 150 millóns de euros e está considerada, por terceiro ano consecutivo, pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), como o mellor proveedor de Internet de España. Só traballa en Galicia e, máís concretamente nas cidades galegas, onde xa arrebatou a Telefónica o liderado de vendas de telefonía fixa e Internet de alta velocidade. Agora ten 200.000 clientes de cable (teléfono, televisión e Internet), dos que 96.000 usuarios teñen contratada a Internet de alta velocidade. Neste momento ultima súa entrada na telefonía móvil en Galicia.

"O uso do galego en...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

R ten un volume de negocio de 150 millóns de euros e está considerada, por terceiro ano consecutivo, pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), como o mellor proveedor de Internet de España. Só traballa en Galicia e, máís concretamente nas cidades galegas, onde xa arrebatou a Telefónica o liderado de vendas de telefonía fixa e Internet de alta velocidade. Agora ten 200.000 clientes de cable (teléfono, televisión e Internet), dos que 96.000 usuarios teñen contratada a Internet de alta velocidade. Neste momento ultima súa entrada na telefonía móvil en Galicia.

"O uso do galego en toda a nosa imaxe, publicidade e divulgación non foi unha decisión comercial, senón algo natural. Nós ofrecemos todo en galego, pero non impoñemos nada: o cliente elixe", precisa Arturo Dopico, director xeral de R. "Como o noso mercado é Galicia, fixemos un estudio de marca e comunicación en galego. O galego soaba a novo no mundo das telecomunicación, mais aquí estamos", indica o responsable da telefónica galega con sé na Coruña.

"Pensamos que o galego nos aporta sinxeleza, universalidade, localización e distinción a respecto dos demáis operadores. Pero temos moi claro que non imos vender máis por sermos galegos, senón pola calidade dos nosos productos e servicios", argumenta Dopico, que tras unha potente inversión en instalar toda a rede de cable de Galicia xa conseguiu que a empresa entrase en beneficios. "Os nosos resultados son bos e coido que son independentes do idioma", indica.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En