Reportaje:DO TRINQUE / Libros | LUCES

Crónicas para explicar un país

Un repaso á incidencia do marxismo en Galicia, o auxe da tradución ou a nova obra de Xavier Queipo centran a edición en galego

No que probabelmente sexa o volume máis groso publicado por Xesús Alonso Montero, Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia, o catedrático vigués repasa a grande e a pequena historia das mulleres e dos homes galegos que militaron no ronsel da obra teórica de Karl Marx. "Eu apenas son un cronista do comunismo galego, e ultimamente escribo demasiadas notas necrolóxicas de camaradas", apunta o autor. Edita Xerais.

Dentro do xénero ensaístico, a colección Documentos de Ediciós do Castro recolle en libro, editados por Emilio Grandío Seoane, os discursos parlamentarios de S...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

No que probabelmente sexa o volume máis groso publicado por Xesús Alonso Montero, Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia, o catedrático vigués repasa a grande e a pequena historia das mulleres e dos homes galegos que militaron no ronsel da obra teórica de Karl Marx. "Eu apenas son un cronista do comunismo galego, e ultimamente escribo demasiadas notas necrolóxicas de camaradas", apunta o autor. Edita Xerais.

Dentro do xénero ensaístico, a colección Documentos de Ediciós do Castro recolle en libro, editados por Emilio Grandío Seoane, os discursos parlamentarios de Santiago Casares Quiroga nos anos da II República. Casares Quiroga, dirixente da ORGA e derradeiro presidente democrático antes da Guerra Civil, morreu no exilio parisino.

Na editorial Laiovento, que tradicionalmente centra esforzos na publicación de ensaio, veñen de tirar á luz unha escolma de conferencias e discursos de Manuel Caamaño Suárez, Dun tempo e dun país. En Lingua, nación e idenitidade, o profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato reflexiona sobre as relacións entre galego e portugués ou as linguas minorizadas de Europa. Laiovento anuncia, asemade, unha escolla de textos situacionistas realizada por Xesús González Gómez.

O regreso á narrativa de Xavier Queipo con Dragona (Edicións Xerais) traza unha "novela de personaxes nunha cidade sumidoiro". Logo de Glosarios, o libro de poemas que Queipo sacou en 2004, Dragona desenvolve unha serie de personaxes atípicas "chegadas dos catro cantos do mundo". Xerais encárgase, igualmente, de poñer en circulación o novo traballo de Francisco A. Vidal Blanco, Os pecados capitais, premio Terra de Melide hai dous anos.

O premio Manuel García Barrós aparece nas librarías da man de Galaxia. Lois e Helena buscándose un día de tormenta, do escritor e xornalista Manuel Veiga, dá unha nova volta ao tema da soidade inesperada. Tamén a Editorial Galaxia publica o premio Repsol de Narrativa Breve, Se algún día esta muller morta, do igualmente escritor e xornalista Miguel Sande. A violencia machista nutre a narración de Sande.

A literatura galega experimenta nos últimos meses a vizosidade da tradución literaria. Galaxia vén de editar a versión en galego de Eva Almazán do último Paul Auster, Viaxes no scriprtorium, ao mesmo tempo que saltaba ás librarías en catalán e en castelán. O clásico Óliver Twist, de Charles Dickens, encádrase na liña Clásicos Universais de Galaxia e chega verquido ao galego por Moisés Barcia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Precisamente a empresa editorial que dirixe Moisés Barcia, Rinoceronte Editora, é unha das máis conspicuas responsábeis do aúxe da tradución no sistema literario galego. Dedicada integramente á publicación en galego de obras internacionais, A ponte sobre o Drina, do premio Nobel iugoslavo Ivo Andric e traducido por Jairo Dorado Cadilla, constitúe a última achega de Rinoceronte na colección Clásicos. Obras anteriores a 1950. O propio Barcia fai a primeira versión na lingua de Rosalía do Decamerón, o libro que o italiano Giovanni Bocaccio escribiu entre 1348 e 1353. Cun texto introdutorio de Álvaro Cunqueiro, o Decamerón inaugura a nova serie Vétera de Rinoceronte, dedicada a "textos antigos".

A Crónica persoal de Xoán-Manuel Casado recompila nun so texto a poesía completa en galego, elaborada entre 1973 e 2002, do escritor catalán descendente de galegos. En palabras da crítica e poeta María do Cebreiro, "poesía da experiencia ben entendida". A edición corre a conta de Xesús González Gómez para Arte de Trobar, a colección de poesía do Pen Clube de Galicia.

Espiral Maior, a máis activa das editoras de poesía de Galicia, deixa na rúa o primeiro libro de poemas en galego de Ramón Reboiras, Shakespeare mata o porco cunha rosa, o ídem da mexicana filla de emigrantes galegos Pura Salceda, A ollada de Astarté, e o premio Johán Carballeira de 2006, As horas de María, de Paco Souto.

En Tambo, o selo editorial dependente da Deputación de Pontevedra, tiran poemarios do pintor Antón Patiño -Océano e silencio-, de Manuel R. Romón -Poesía barata-, de Manuel Álvarez Torneiro -Parábola do incrédulo-, de Xabier Paz -Filoxenia do sangue- ou de Fidel Vidal -A camelia oxidada-.

Xerais dedica un espazo ao teatro que abeira o debú en libro de Rubén Ruibal, Limpeza de sangue, a reedición de Farsa de Bululú, de Manue María e unha tradución da Elfried Jelinek.ESPAZO CONSTRUIDO

Archivado En