LUCES

Margarita Ledo: "Pasaron 70 anos da guerra e ninguén fala de Líster"

"Enrique Líster pasou do soneto de Antonio Machado a ser o malo da película", resume Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951). A figura do comandante do Quinto Regimiento do Exército Republicano atópase no foco do vindeiro filme da profesora Ledo. Logo de recuperar a aventura libertaria do DRIL de Pepe Velo e o secuestro do transatlántico Santa María no seu documental de 2004, Santa Liberdade, Ledo enfróntase de novo a unha historia de silencios.

"Pasaron 70 anos da Guerra Civil e non se fala de Líster", explica Ledo "e sen embargo resulta un personaxe central da histor...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"Enrique Líster pasou do soneto de Antonio Machado a ser o malo da película", resume Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951). A figura do comandante do Quinto Regimiento do Exército Republicano atópase no foco do vindeiro filme da profesora Ledo. Logo de recuperar a aventura libertaria do DRIL de Pepe Velo e o secuestro do transatlántico Santa María no seu documental de 2004, Santa Liberdade, Ledo enfróntase de novo a unha historia de silencios.

"Pasaron 70 anos da Guerra Civil e non se fala de Líster", explica Ledo "e sen embargo resulta un personaxe central da historia de Galicia". Nacido na parroquia de Calo, concello de Teo, en 1907, e emigrante a Cuba, Enrique Líster coñeceu a opresión antes que o marxismo. É na illa caribeña onde se afilia por vez primeira a un Partido Comunista, o cubano, acabado de fundar en 1927. "Líster coñece a explotación no seu traballo de canteiro e convértese nun inadaptado, e isto forma parte del até a fin", afirma a cineasta de Castro de Rei.

A vida de Enrique Líster trazouse a forza de desprazamentos. Para Ledo, foi un home do século. "Ao que parece, o século XX non existiu e fíxose todo mal; de aí tamén procede o esquecemento de Líster", continúa. As emigracións, os exilios, as guerras -viviu en primeira liña a Guerra Civil e a II Guerra Mundial- arman a silueta do home a quen Machado escribiu Si mi pluma valiese tu pistola / de capitán, contento moriría. Adherido ao PCE antes da proclamación da II República, os seus desacordos con Carrillo afastárono doce anos do partido, entre 1974 e 1986. Morreu en 1994.

"No filme, constrúo un palimpsesto con todos os Líster posíbeis", apunta Ledo, "e tamén desmonto algúns dos tópicos que existían arredor do comunista de Calo". A súa admiración polo Mariscal Tito, o seu vitalismo ou o seu traballo no Consello Mundial da Paz revélanse no filme de Ledo Andión Liste, pronunciado Líster. "A memoria histórica serve, polo menos, para pasear aos nosos ocultos", remata a realizadora.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En