A VER | Luces

Sobre heroes e tumbas

Tiña eu dúbidas de se as miñas Botellas ao mar acaían ben neste suplemento cultural, pois na Galiza, dicir "cultura" é dicir discurso, non poesía. Todo é cultura, porén aos escritores galegos non nos é dada a inxenuidade, ignorar as contradiccións sociais, e tanta ideoloxía nosa acaba coa poesía. Nada máis tratamos "grandes temas", de modo que aquelas "botellas", dispersas e gratuítas, pareceume que podían ser vistas como frívolas. Así que acordei mellor escribir sobre "temas". Hoxe, se lles parece, toca a sepultura dos escritores. As botellas gardeinas na adega dun blog (susodetoro.blo...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Tiña eu dúbidas de se as miñas Botellas ao mar acaían ben neste suplemento cultural, pois na Galiza, dicir "cultura" é dicir discurso, non poesía. Todo é cultura, porén aos escritores galegos non nos é dada a inxenuidade, ignorar as contradiccións sociais, e tanta ideoloxía nosa acaba coa poesía. Nada máis tratamos "grandes temas", de modo que aquelas "botellas", dispersas e gratuítas, pareceume que podían ser vistas como frívolas. Así que acordei mellor escribir sobre "temas". Hoxe, se lles parece, toca a sepultura dos escritores. As botellas gardeinas na adega dun blog (susodetoro.blogaliza.org). A ver se non hai quen as beba.

Fíxome pensar en tumbas a reclamación dos restos de Machado co sentido de alimentar a memoria nacional republicana española. Machado en Madrid, símbolo nacional. Exactamente como fixemos na Galiza desde a morte de Rosalía, transformando a súa tumba en altar nacional en 1891. A memoria republicana española tan fráxil é que precisa agora de devocións comunitarias como aquela.

Deixados no esquecemento os nosos reis medievais, ignorando a Capela Real da catedral compostelana, o Panteón de Galegos Ilustres é o fulcro da identidade galega. No século XIX non había nación sen panteón dos pais da patria. Os nosos "pais da patria" son escritores, paradoxalmente o "pai" senlleiro é muller, Rosalía. No altar patrio tamén Castelao. Os restos de ambos foron trasladados para recibir o respecto nacional. Castelao morreu de doenza e morriña, morto Franco e cun sistema democrático, de seguro que gustou de voltar á Terra (aínda que había preferir estar en Rianxo). Mais, e Rosalía? Teralle prestado a Rosalía ser trasladada de Iria a Santiago?

A picheleira Rosalía non ha estar mal enterrada en Santiago, agora ben, ela explicitamente preferiu o cemiterio de Adina, en Iria. Fixo mal o seu marido, e pai da patria, promovendo ese culto nacional? Coido que para a Galiza foi bo, precisaba figuras públicas de mérito. Mais Rosalía, que era artista de vez e libre, sentíase entón ben distante de querer representar o papel de guía patriótica. Murguía serviu á causa do país, traizoando á súa muller e á artista.

O artista ten difícil escapar a ese destino.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En