Luces

Sísifo no 68

Xosé Manuel Beiras ten comparado reiteradamente a configuración da identidade nacional de Galicia cos traballos de Sísifo, aquel rei de Corinto castigado polos deuses a empuxar cara o cimo dunha montaña unha pedra, que caía a rolos cando estaba preto do obxectivo, e volta a empezar. No proceso de conformación da cultura galega e da súa conexión coas outras, a pedra, en canto chega arriba, ou cae ou queda esquecida e pasa a formar parte da montaña. O Camiño de Santiago, que Goethe consideraba a espiña dorsal da construción de Europa, para o galego contemporáneo tipo é pouco máis ca un rito reli...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Xosé Manuel Beiras ten comparado reiteradamente a configuración da identidade nacional de Galicia cos traballos de Sísifo, aquel rei de Corinto castigado polos deuses a empuxar cara o cimo dunha montaña unha pedra, que caía a rolos cando estaba preto do obxectivo, e volta a empezar. No proceso de conformación da cultura galega e da súa conexión coas outras, a pedra, en canto chega arriba, ou cae ou queda esquecida e pasa a formar parte da montaña. O Camiño de Santiago, que Goethe consideraba a espiña dorsal da construción de Europa, para o galego contemporáneo tipo é pouco máis ca un rito relixioso ou unha festa turística atribuíble a Fraga.

Os Precursores reivindicaron o idioma, e no Rexurdimento convertérono en lingua de cultura, sen saber que o terreo que pisaban, que eles coidaban virxe, estaba aboado coa mellor tradición literaria europea da Baixa Idade Media. Logo, a Xeración Nós inventou Galicia, creou un universo e conectouno co mundo. En 1936, cando a pedra estaba practicamente no cimo, precipitárona no abismo. Volta a empezar. A finais dos 50, mentres Kerouac andaba no camiño e Allen Ginsberg escribía co peyote como musa, a nosa xeración beat, Méndez Ferrín ou García Bodaño, tiña que participar en Xogos Florais e Festas Minervais, de smoking, para poder difundir en público a súa poesía. Como dixo logo outro beatnik (fracción ye-yé), Vicente Araguas: "Política-culturalmente, a Compostela dos 60 estaba entre a Casa da Troia e a Casa da Collona".

O altofalante da xeración do 68 foi, nunca mellor dito, Voces Ceibes, pero sobre todo, o que fixo foi abrir ó mundo aquel universo aínda presidido pola feira de gando de Santa Susana. "Descubríase a Blanco Amor, a Dieste, pero a novidade era o alleo... Toda a poesía de Editorial Losada, Franz Fanon, Éluard, Eco, Ionesco, Camus, Sartre, Sastre, Anouilh, París...", recorda un dos que non cantaba, o escritor Fermín Bouza Álvarez. Claro exemplo da síndrome de Sísifo, seu pai, Fermín Bouza Brey, que 40 anos antes fora un dos que empuxara para poñer a cultura galega no mundo, preguntáballe desorientado ó entón aínda non xornalista Perfecto Conde: "Pódeme explicar por que o meu fillo é prochino?"

"O mundo aquel era moi distinto, e non mellor ca este", comentoume hai anos, sen nostalxia aparente, o daquela cantautor e agora académico da Española, Guillermo Rojo. Pero aquela xente, inexplicablemente prochinos, guiadamente prosoviéticos ou incipientemente nacionalistas, puxeron as bases para que Galicia, como di o tópico político, non seguise perdendo máis trens da modernidade. A falta de memoria é típica das sociedades que non son donas de si, ou que non se asumen como tais, pero como Ferrín adoita recordar que lle dicía sempre Otero Pedrayo: "Aquilo máis valioso que temos é o que sobrevive ó naufraxio dos ideais adolescentes".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En