PSICOFONÍAS | LUCES

Dobarro

Andrés Dobarro, o cantante en galego con máis difusión e discos vendidos, foi obxecto recentemente dunha homenaxe no Teatro Jofre de Ferrol promovida pola Radio Televisión de Galicia e que será retransmitida nas próximas semanas. Poucas homenaxes pode haber no noso entorno artístico tan merecidas e que rescaten a alguén dun esquecemento particularmente tan inxusto. Se cadra, a miña única vivencia intensa do idioma na miña adolescencia castelánfalante foi a constituída polas cancións de Dobarro: un pop suave e expansivo que se che adhería á boca como que non quere a cousa. E iso é o mellor que ...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

Andrés Dobarro, o cantante en galego con máis difusión e discos vendidos, foi obxecto recentemente dunha homenaxe no Teatro Jofre de Ferrol promovida pola Radio Televisión de Galicia e que será retransmitida nas próximas semanas. Poucas homenaxes pode haber no noso entorno artístico tan merecidas e que rescaten a alguén dun esquecemento particularmente tan inxusto. Se cadra, a miña única vivencia intensa do idioma na miña adolescencia castelánfalante foi a constituída polas cancións de Dobarro: un pop suave e expansivo que se che adhería á boca como que non quere a cousa. E iso é o mellor que se pode dicir de calquera canción pop: que se incorpore automaticamente como banda sonora da cotidianeidade.

Dobarro conseguiu o éxito nun momento especialmente adverso para o noso idioma e non menos selectivo na industria musical. Pasan os anos e as súas cancións seguen tendo aquel mesmo alento anovador. Compróbese senón na mítica version d'O tren de Siniestro Total e nas numerosas versións que se produciron precisamente para esa homenaxe en Ferrol.

A normalidade lingüística do pop en Galicia non acada nin de lonxe o nivel da literatura, a vida pública e, desde logo, da práctica oral da cidadanía. Algo falla. A industria musical hoxe (coa agravante da piratería) e os mecanismos de penetración do castelán xogan á contra, pero se comparamos esta realidade coas sórdidas circunstancias do franquismo nas que se abriu paso Andrés Dobarro, a cousa segue sen encaixar. Unha sociedade actual sen expresión pop na lingua propia é unha sociedade carente por moito folk co que nos queiramos consolar.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En