Diego Santomé presenta dúas pezas de arte “política”

A exposición pode verse no Colexio de Fonseca de Santiago ata o 30 de xuño

Alumnos do máster de Arte, Museoloxía e Crítica contemporánea da Universidade de Santiago (USC) actúan como comisarios na mostra O triángulo e o ruído. Nela o pontevedrés Diego Santomé, un dos artistas novos con maior repercusión fóra de Galicia, presenta dúas instalacións cun evidente contido político. A exposición pode verse no Colexio de Fonseca de Santiago ata o 30 de xuño.

Cada unha das obras ocupa un espazo determinado. Na antiga capela gótica de Fonseca atopamos Triángulo, unha enorme peza de 7,5 metros de altura coa que o artista pretende simbolizar un demiúrgo...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Alumnos do máster de Arte, Museoloxía e Crítica contemporánea da Universidade de Santiago (USC) actúan como comisarios na mostra O triángulo e o ruído. Nela o pontevedrés Diego Santomé, un dos artistas novos con maior repercusión fóra de Galicia, presenta dúas instalacións cun evidente contido político. A exposición pode verse no Colexio de Fonseca de Santiago ata o 30 de xuño.

Cada unha das obras ocupa un espazo determinado. Na antiga capela gótica de Fonseca atopamos Triángulo, unha enorme peza de 7,5 metros de altura coa que o artista pretende simbolizar un demiúrgo. Na Sala do Artesonado atópase Ruído, unha peza sonora na que o artista utiliza discursos de políticos galegos. O lugar no que se sitúa a instalación foi sede do Parlamento de Galicia nos oitenta. As frases fragmentadas e manipuladas polo artista xeran unha sensación de angustia pola imposibilidade de asumir o tumulto das intervencións e pola tensión creada coa superposición dos contidos.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En