A VER | Luces

A gula do consumidor devora autores

Pregúntolle a un amigo que sabe desas cousas como leva a crise o mercado da arte. Disque ben. Cando dicimos mercado da arte referímonos ao comercio de pinturas, esculturas e outras representacións en fotografía, vídeo...Iso que chaman, expresión horrenda, "artes plásticas". Non falamos logo doutras artes como a música ou a palabra.

Os pintores e escultores crean cousas que significan e os músicos ou os escritores crean linguaxe, as súas obras son anacos de linguaxe. Pintores e escultores crean algo que existe en si mesmo, unha pintura ou unha escultura son unha cous...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Pregúntolle a un amigo que sabe desas cousas como leva a crise o mercado da arte. Disque ben. Cando dicimos mercado da arte referímonos ao comercio de pinturas, esculturas e outras representacións en fotografía, vídeo...Iso que chaman, expresión horrenda, "artes plásticas". Non falamos logo doutras artes como a música ou a palabra.

Os pintores e escultores crean cousas que significan e os músicos ou os escritores crean linguaxe, as súas obras son anacos de linguaxe. Pintores e escultores crean algo que existe en si mesmo, unha pintura ou unha escultura son unha cousa única. O pintor, ou quen merque o seu cadro, pode penduralo na parede dun interior dunha casa sen que ninguén máis a vexa. É totalmente dono da obra.

O compositor musical, pola contra, o que crea é unha outra forma máis dentro dun continuo de formas, dunha tradición, e a súa obra está feita dun material que non é seu, os sons e o silenzo. A súa obra é súa e máis non é súa, pois desde que é interpretada unha vez ante un público xa pode ser entoada, asubiada, cantaruxada por quen a ouviu e a leva na memoria. A súa obra xa pasou aos outros. No caso do escritor esta case imposibilidade de posuir a obra é aínda máis acusada, pois o seu texto desde que llo vende a un editor xa é para ser repartido. O editor dá o texto ao prelo e de alí saen múltiples exemplares dunha obra. O escritor non só traballa cunha lingua da que non é dono, tampouco traballa para un cliente senón para calquera e para cantos máis mellor. O desexo último da creación literaria é chegar a cada persoa e a toda persoa, e fundirse na memoria do público. Ese afán de fundirse na xente até desaparecer dentro, esa fame universalizadora é intrínseca á literatura. Pode ser que acabe agora co escritor tamén.

Un cadro ou unha escultura, por seren cousa única, poden ser tasados e vendidos. A música ten dificultades para poder ser vendida, pois a nova tecnoloxía usada sen límite ningún está a permitir que sexa regalada. Os músicos ven como a súa obra chega a máis xente que nunca, porén ninguén paga por ela. E aos escritores pódenos ocorrer exactamente o mesmo. Se é así, será morrer de éxito. A obra chegará a calquera persoa que teña un ordenador en calquera parte do mundo, mais o autor terá que dedicarse a outro oficio do que poda vivir.

O proceso de globalización da humanidade, se non ten límites e contrapesos, sume na pobreza aos países máis débiles, mentres no Primeiro Mundo todos nos beneficiamos do expolio das riquezas deses países. E se a Rede non ten límites, acabará con creadores de cultura como é a figura do autor. Os consumidores, coa nosa gula e unha liberdade persoal sen límites nin responsabilidades, disfrutaremos do expolio dos autores.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En