Luces

Os libros de Piñeiro

Pasou o ano Piñeiro. O que prometía resultar o Día da Letras máis controvertido saldouse con pequenas escaramuzas, silencios expresivos, algún axuste de contas, peculiares reconversións e os tradicionais intentos de apropiación partidista. O debate político-intelectual ficou confinado a unha enxurrada de libros que si superou o quorum de tempadas anteriores. E con espazo para os dicursos críticos.

Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro, de Xoán Carlos Garrido; Piñeiro e o piñeirismo en perspectiva histórica, de Carlos Velasco ou ...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

Pasou o ano Piñeiro. O que prometía resultar o Día da Letras máis controvertido saldouse con pequenas escaramuzas, silencios expresivos, algún axuste de contas, peculiares reconversións e os tradicionais intentos de apropiación partidista. O debate político-intelectual ficou confinado a unha enxurrada de libros que si superou o quorum de tempadas anteriores. E con espazo para os dicursos críticos.

Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro, de Xoán Carlos Garrido; Piñeiro e o piñeirismo en perspectiva histórica, de Carlos Velasco ou A expresión cultural dunha estratexia política, de Mercedes Quiexas, poñen en cuestión o retrato hexemónico de Ramón Piñeiro. Na beira oposta sitúase Piñeiro e a estratexia do galeguismo, de Xoán Ramón Rodríguez Polo. Alonso Montero elabora un groso traballo, Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, no que aparca disensións e gaba ao director de Galaxia. Daniel Ameixeiro traza en novela a súa vida: Os días ocultos.

Os anunciados inéditos recollidos por Miguel Barros, de quen tamén se agarda a edición da tese de doutoramento, non chegaron ás librarías. Pero apareceron O espertar da conciencia galega, que xunta "ensaios e artigos dispersos". De Piñeiro afírmase que redactou máis de 10.000 cartas. En Do sentimento á conciencia de Galicia atópanse máis de mil páxinas das que cruzou con Basilio Losada. A correspondencia con José Luis Pensado, con Isidro Millán, e unha miscelánea saen nas edicións do Centro Ramón Piñeiro.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En