PSICOFONÍAS | Luces

Cans e Cannes

Esta fin de semana celébrase unha nova edición do Festival de Cans no Porriño e que un ano máis replica parodicamente o suntuoso Festival de Cannes na Costa Azul. O Festival de Cans ten os ingredientes que fan que calquera festival do mundo sexa un éxito: hai creatividade nas producións que se mostran e compiten e hai unha presenza masiva de público entusiasta. A ironía agropecuario-cinematográfica vai acompañada dunha eficacia organizativa que para si quixesen gran parte dos eventos, digamos, serios da nosa paisaxe cultural.

Todo funciona en hora e lugar e, o que é máis importa...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Esta fin de semana celébrase unha nova edición do Festival de Cans no Porriño e que un ano máis replica parodicamente o suntuoso Festival de Cannes na Costa Azul. O Festival de Cans ten os ingredientes que fan que calquera festival do mundo sexa un éxito: hai creatividade nas producións que se mostran e compiten e hai unha presenza masiva de público entusiasta. A ironía agropecuario-cinematográfica vai acompañada dunha eficacia organizativa que para si quixesen gran parte dos eventos, digamos, serios da nosa paisaxe cultural.

Todo funciona en hora e lugar e, o que é máis importante, non coñezo cita máis divertida e nutritiva. Todo está ben, ata o que habitualmente sempre é errático. Refírome as actividades complementarias que tanto fallan nos festivais ao uso, porque son só recheo. Este ano, do festival glamouroso de Cannes as crónicas lamentaban que o cinema español non estaba presente. E tiñan razón, porque en competición non había ningún filme dirixido por españois, non así en termos de industria cultural, dado que na competencia había unha produción hispano-arxentina, un magnífico filme de Lucrecia Martell coproducido polos irmáns Almodóvar, e na sección paralela foi moi celebrado o último título de Woody Allen, que é unha produción catalana.

Algún día falaremos da patria do cinema. No mundo só hai tres nacionalidades industriais cinematográficas: Estados Unidos, Bollywood (India) e Europa. Aínda que en Europa os filmes son sempre dos directores, non deixa de haber talento artístico no resto dos membros do equipo e talento empresarial nos produtores.

A vantaxe que ten o noso Festival de Cans é que estou seguro de que nos alpendres destes anos se están proxectando obras dos futuros galegos que terán opcións a competir no outro, en Cannes. Os mellores autores do cinema galego aínda non os coñecemos porque están facendo curtametraxes. A diferenza estaría ademais se se logra que esas futuras producións de éxito sexan industrialmente galegas. Non é absolutamente imprescindible que toda a produción audiovisual de Galicia sexa de directores galegos, pero é máis que desexable a xusta combinación entre talento propio e industria local.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En