Reportaje:FEBRE DE CINE | LUCES

Andazo de celuloide

Ata doce certames cinematográficos naceron nos últimos catro anos

Este é o mes dos cinéfilos en Galicia. Un bó afeccionado ó cine podería empezar indo a un festival a finais de setembro, e pasar dous meses de evento en evento cada semana ata rematar novembro. En Galicia hai arredor de vinte certames cinematográficos, dos que máis da metade naceron nun imparable andazo festivaleiro desatado de catro anos para aquí.

"O novo sistema de axudas que se estableceu desde a Xunta mellorou as posibilidades dos festivais", afirma Manuel Xosé Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, entidade que subvencionou 17 festivais na última convocato...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Este é o mes dos cinéfilos en Galicia. Un bó afeccionado ó cine podería empezar indo a un festival a finais de setembro, e pasar dous meses de evento en evento cada semana ata rematar novembro. En Galicia hai arredor de vinte certames cinematográficos, dos que máis da metade naceron nun imparable andazo festivaleiro desatado de catro anos para aquí.

"O novo sistema de axudas que se estableceu desde a Xunta mellorou as posibilidades dos festivais", afirma Manuel Xosé Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, entidade que subvencionou 17 festivais na última convocatoria de axudas. Desde cidades como Ourense, Santiago ou Lugo, pasando por vilas como Tui, Redondela e Vilagarcía, ata aldeas coma Cans, no concello do Porriño, semella que cada localidade quere ter o seu festival, sexa de cinema, curtas, documentais ou videocreacións.

"Un festival dinamiza un pobo e dá un nome a nivel nacional"
"A coordinadora de festivais axudaría a un calendario que evite coincidencias"

"Un festival dinamiza un pobo, atrae xente, activa a vida social e dá un nome a nivel nacional", explica Moncho Vidal, coordinador do Festival de curtas de Noia, que celebrará a finais deste mes a súa novena edición.

Ademais de Noia, e doutros eventos máis ambiciosos que terán lugar este mes -Cineuropa en Santiago ou o festival de Cine de Ourense- esta fin de semana celébrase o certame Acción Boiro. "Hai moitos certames e cadaquén ten que buscar o seu oco. A nosa opción é a produción, captar á xente nova e traballar desde a base xerando os nosos contidos e producindo as nosas curtas", suliña Alberto García, director de Acción Boiro, onde se van estrear curtas feitas por directores novos, nas que varios veciños debutarán como actores. "Semella que en outono hai un paralelismo entre os cogumelos e os festivais, que medran por todas partes, e igual sería bo desestacionalizar un pouco", matiza o director do certame boirense, que, sen embargo, cre que "tampouco é malo que nazan festivais de curtas, porque no verán tamén hai festivais de música por todas partes e iso quere decir que existe unha demanda".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Un dos últimos certames en aparecer no mapa audiovisual foi o Mívico de Pontearea, centrado no eido da videocreación, un oco que os seus organizadores cren que aínda estaba por cubrir. "Ás veces, un festival nace dunha necesidade persoal para tratar de expoñer as obras que che gustan e ves que non teñen un espazo, como foi o caso do Mívico", comenta Cuco Pino, director desta mostra estreada con éxito o mes pasado en Ponteareas.

Pino cre que "xorden festivais porque hai resposta do público, funcionan, están a ter continuidade e ademais hai unha retroalimentación que é boa para todos".

Entre a ducia de festivais que foron nacendo nos últimos anos, hai un ó que moitos toman como referencia, pola acertada programación, a boa organización e a súa temática específica: o Play-doc de Tui, adicado ós documentais. Na cuarta edición, celebrada no pasado mes de marzo, mais de 5.000 persoas acudiron á cita cos documentais nesta vila fronteiriza.

O Play-doc é o certame que cada ano abre o curso audiovisual. "A nós funciónanos nestas datas e estamos medrando pouco a pouco. Non somos a Seminci nin o o festival de San Sebastián, pero temos un criterio e sabemos ata onde queremos chegar", explica Anxo Sánchez, coordinador do Play-Doc. Para o organizador do certame tudense, que o pasado ano recibiu 500 filmes de todo o mundo, "a chave é facer un festival específico, porque se concentra a temática e hai uns obxectivos concretos".

O nacemento de novos festivais e, sobre todo, a excesiva concentración nunhas datas moi próximas, está a provocar as primeiras reflexións na necesidade de reorganizar o mapa de eventos audiovisuais, e da posible creación dunha coordinadora de festivais. "A coordinadora axudaría a establecer un calendario racional para evitar coincidencias, reforzar as características de cada evento e plantexar estratexias de comunicación mais ambiciosas", explica Manuel Xosé Fernández Iglesias, director xeral de Comunicación Audiovisual, quen ó mesmo tempo suliña que " a capacidade de coordinación dependerá do compromiso dos participantes e da súa iniciativa".

Fernández Iglesias dirixe o departamento que concede as axudas públicas ós festivais. Na última convocatoria ascenderon a 330.00 euros e, coma pasa nestes casos, non deixaron contento a todo o mundo. "Para nós as axudas aínda non son suficientes", di Moncho Vidal, do festival de Noia, ó tempo que engade que "a veces están vinculadas a afinidades políticas e os festivais deberían estar por enriba deste tipo de intereses".

No medio desta febre festivaleira, moitos dos organizadores coinciden en que debería haber, por enriba de todos, un gran festival de referencia en Galicia, pero non parece doado chegar a un posible consenso. "A idea está ben, pero tería que nacer a partir de iniciativas que se están a desenvolver, e non forzado pola administración. A min gústame o exemplo do modelo de Cataluña e o Festival de Sitges, primando unha identidade recoñecida internacionalmente no xénero fantástico", conclúe Fernández Iglesias.

Archivado En