Entrevista:XERARDO PEREIRO | Antropólogo | LUCES | LATEXO DE CULTURA

"As vilas queren imitar ás cidades"

O antropólogo Xerardo Pereiro traballa sobre a experiencia propia. Nado en 1968 na vila de Palas de Rei, Pereiro escribiu Galegos de vila. Antropoloxía dun espazo rurbano co seu lugar natal como obxecto de estudo. "Eu defendo a calidade de vida nas vilas, sen os apuros da cidade pero coas súa vantaxes", asegura. E continúa: "As dialécticas entre o urbano e o rural hai que estudalas caso a caso, pero na Galiza existe unha especificidade".

Pregunta. Galiza é urbana ou rural?

Resposta. Todos os investigadores coinciden en que Galiza é un país urbano. Existe un c...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O antropólogo Xerardo Pereiro traballa sobre a experiencia propia. Nado en 1968 na vila de Palas de Rei, Pereiro escribiu Galegos de vila. Antropoloxía dun espazo rurbano co seu lugar natal como obxecto de estudo. "Eu defendo a calidade de vida nas vilas, sen os apuros da cidade pero coas súa vantaxes", asegura. E continúa: "As dialécticas entre o urbano e o rural hai que estudalas caso a caso, pero na Galiza existe unha especificidade".

Pregunta. Galiza é urbana ou rural?

Resposta. Todos os investigadores coinciden en que Galiza é un país urbano. Existe un consenso básico, neste sentido, entre antropólogos, sociólogos e economistas. Con todo, hai resistencias de literatos ou dos escasos teóricos ruralistas que quedan. Aínda que, por certo, teñan uns hábitos ben urbanitas. Pero dende o punto de vista social, cultural ou económico, na Galiza domina o urbano. E non me refiro ao espazo físico, senón aos modos de vida. En segundo lugar, o rurbano.

"Existe un consenso entre os investigadores que define Galiza como un país urbano"

P. En que consiste o rurbano?

R. O rurbano é un concepto que se inventou en Francia. Serve para definir espazos, non unicamente físicos, de relación entre os ámbitos urbanos e rurais. No proceso de urbanización dos espazos rurais, acéptase o modelo urbano, nos modos de vida ou de produción, aínda que sobrevivan aspectos do rural. Aí están as vilas. Este modo de relación ou proceso, que tamén se reflicte nos universos morais, é o que os antropólogos denominan rurbano.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

P. Universos morais?

R. Un exemplo de rurbano aparece nos campesiños que, durante os anos 60, emigraban á cidade, capaces de artellar a vida urbana co coñecemento do rural. O rurbano tamén é iso, un artellamento e un proceso histórico que aparece a nivel mundial.

P. Onde remata ese proceso de transformación?

R. Ao contrario do que opinan algúns estudosos, non penso que o rural vaia desaparecer. O que haberá será transformación e cambio social. O proceso ten especificidades que ás veces se manifestan como diálogo, ás veces como consenso. O rurbano na Galiza resulta diferente de no sur da península, e tampouco é igual que o de Irlanda ou o de Francia.

P. Existe unha tipoloxía do vilego?

R. Sempre é un risco definir tipoloxías, pola posibilidade de caer no estereotipo. Mais é certo que existen estruturas sociais propias das vilas galegas: clases medias, o que eu chamo novos ricos ou emerxentes, campesiños que xa viven no urbano, elites intelectuais que son moi diferentes das elites socioeconómicas.

P. Isto é común para todo o país?

R. Hai diferencias entre o interior e o litoral, con universos morais distintos. Nas vilas da costa crúzanse tres ámbitos, o mariñeiro, o campesiño e o propiamente urbano. A representación do outro difire das vilas de interior. Por caso, as vodas entre persoas do interior e do mariñeiro nunha vila costeira dábanse en moi raras ocasións. No interior galego, considero tres tipos de vilas: as de espazo montañés, como A Fonsagrada, Bande ou Becerreá, as de espazo agrario, como Melide ou Palas de Rei, e as de diversificación económica, xa arrimadas ao urbano, como Lalín, Sarria ou Monforte de Lemos.

P. Estas características socioeconómicas, crean unha cultura vilega particular?

R. Aparece unha sociabilidade específica, que non é igual nin á da aldea nin á da cidade. Por exemplo, Galiza é o espazo europeo con máis bares por habitante. Nunha vila como Melide

[arredor de 8.000 habitantes] hai máis de 200 bares. Nas vilas boa parte das relacións sociais desenvólvense nos bares. Nunha cidade, a xente queda nun lugar para ir a un bar e, no entanto, nunha vila queda directamente dentro do bar.

P. A nivel de políticas culturais?

R. As vilas queren imitar as cidades. Estabelécense as mesmas programacións culturais que nas cidades. E as políticas culturais pasaron a ser mercadoría electoralista. Así, a cultura urbana espectacularízase e as vilas imitan esa espectacularización, sen crear estabilidade na base.

P. Na Galiza, como se define as relacións entre as culturas rurais e as urbanas?

R. Obedecen a procesos políticos. Pero en primeiro lugar hai unha relación de imitación, por exemplo, do modelo construtivo urbano. Realizo un exercicio de fotografía comparada entre edificios de vilas galegas e de cidades do sur peninsular, e os espectadores non saben distinguir. Alén da imitación formal, existen diferentes relacións: de subordinación, de resistencia ou de contestación. Allariz negociou a súa relación con Ourense e decatouse de que entre Ourense e Allariz hai os mesmos 20 kilómetros que entre Allariz e Ourense. Defendo a calidade de vida do medio vilego, malia a que haxa quen defenda a aldea ou a cidade.

Archivado En