Entrevista:MANUEL GONZÁLEZ | Director da Axencia Audiovisual | LUCES

"Apostamos por un cine con ollada propia"

Manuel González dirixe desde hai cinco meses a Axencia Audiovisual Galega, o instrumento empregado pola Consellería de Cultura para relacionarse co sector audiovisual. Introducir modificacións nos criterios de concesións das axudas á produción é unha das súas principais tarefas.

Pregunta. ¿Cal e a función principal da Axencia Audiovisual Galega?

Resposta. Trátase de coordinar toda a actividade audiovisual da Consellería de Cultura e as súas relacións co sector. Controlamos as axudas á produción e servimos coma ponte entre a Xunta e as persoas que traballan no audiov...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Manuel González dirixe desde hai cinco meses a Axencia Audiovisual Galega, o instrumento empregado pola Consellería de Cultura para relacionarse co sector audiovisual. Introducir modificacións nos criterios de concesións das axudas á produción é unha das súas principais tarefas.

Pregunta. ¿Cal e a función principal da Axencia Audiovisual Galega?

Resposta. Trátase de coordinar toda a actividade audiovisual da Consellería de Cultura e as súas relacións co sector. Controlamos as axudas á produción e servimos coma ponte entre a Xunta e as persoas que traballan no audiovisual galego. En definitiva, é a ferramenta da consellería para incidir no sector..

P. ¿Ë bó que existan dous organismos institucionais coma o Consorcio e a Axencia para traballar neste sector?

Más información

R. Nós dedicámonos sobre todo á producción e non traballamos na comercialización exterior como fai o Consorcio. Son organismos con funcións complementarias dunha única Administración coma sucede noutras autonomías. Un exemplo disto é Cataluña.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

P. ¿Está a funcionar satisfactoriamente o sistema de axudas ó cine ou é necesario facer modificacións?

R. Todos os países salvo Estados Unidos apoian a produción audiovisual. As axudas son necesarias. Ata o de agora en Galicia temos axudas á produción a fondo perdido, pero faltan apoios para o aspecto puramente industrial e estamos a traballar nesa dirección. Trátase de incentivar o talento, a novidade. Na última convocatoria de axudas apoianse con 300.000 euros películas que se fan desde aquí por seis directores galegos que realizan as súas óperas primas. Apostamos por un cine con ollada propia, pero que ó mesmo tempo nos permita chegar a todos os currunchos do mundo. Temos que deixar de facer galicolas porque a copia non vai millorar ó orixinal.

P. As produtoras galegas coproducen moitas películas pero hai algunhas que nin siquera chegan a estrearse comercialmente. ¿Fanse demasiadas películas para os medios que existen?

R. Hai que ter en conta que non hai un mercado libre da distribución de películas porque a maioría das salas dependen das multinacionais americanas. Ademáis a rendibilidade das películas xa non se mide só pola recadación que obteñen na exhibición comercial, xa que este concepto apenas representa o 15% dos ingresos totais. Están tamén os ingresos por venta e aluguer de DVD, os dereitos de emisión, etc. Hai películas que non triunfan nas salas de exhibición e logo alcanzan moitos espectadores cando se emiten por televisión. Temos que incidir en dúas liñas, apostar polo talento e construir un sistema que axude financieramente á producción.

P. Nos últimos anos hai un gran número de mozos que fan curtametraxes, pero atopan moitas dificultades para seguir avanzando. ¿Como se lles pode axudar?

R. O problema é que se trata de dous mundos paralelos que non se relacionan entre sí, se descoñecen mutuamente e por iso un dos nosos obxectivos é o de servir de ponte entre os creativos e as produtoras. Nesta liña, a partir do próximo mes de maio, temos previsto realizar unhas xornadas cos responsables de produción para traballar neste sentido. Nós temos que apostar por creadores coma o coreano Kim Ki Duk, que fai películas con baixo custe que se ven en todo o mundo e, ademáis, obteñen beneficios. Iso tamén é cine comercial aínda que algúns digan que son películas de autor. Aquí temos xente moi boa e debemos axudalos para que poidan saír adiante.

Archivado En