Entrevista:

"O do feísmo é unha caricatura hipócrita"

Gallego Jorreto critica a separación entre "arquitectura e vida"

A Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936) pedíronlle bastantes veces que abandeire, entroutras cousas, a revisión dun certo galeguismo arquitectónico. Á súa maneira, o responsable da edificación do Museo de Belas Artes da Coruña (Premio Nacional en 1997) cadra a sutileza e a vontade de anonimato daquel suposto estilo que describira Baldellou cun pé na arquitectura tradicional, pero di non ser home mediático. "A miña é unha obra chea de dúbidas", sinala.

Gallego contactou con Baltar e Suances en Madrid, onde foi alumno do pontevedrés Alejandro de la Sota. En 1967 marchou de bolseiro ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936) pedíronlle bastantes veces que abandeire, entroutras cousas, a revisión dun certo galeguismo arquitectónico. Á súa maneira, o responsable da edificación do Museo de Belas Artes da Coruña (Premio Nacional en 1997) cadra a sutileza e a vontade de anonimato daquel suposto estilo que describira Baldellou cun pé na arquitectura tradicional, pero di non ser home mediático. "A miña é unha obra chea de dúbidas", sinala.

Gallego contactou con Baltar e Suances en Madrid, onde foi alumno do pontevedrés Alejandro de la Sota. En 1967 marchou de bolseiro a París para estudiar técnicas de urbanismo. Postos a falar da súa arquitectura, adóitase falar de cómo enxerga a idea de lugar, a noción de tempo e memoria e a luz, tanxible a través da néboa, como "ausencia presente". Que matiza formas rotundas cunha noción moi precisa dos límites - "as cousas suceden nos bordes", di- en intervencións urbanas que aproveitan os elementos do entorno. Dun xeito reduccionista, dise que que intenta reciclar na mesma escala a súa infancia no Incio -o seu tío era aparellador- e as vellas promesas da vangarda.

"De la Sota é un exemplo claro", di. "Construíu en Madrid e, porén, é o arquitecto que máis actitudes galegas recolle. Unha escola galega como tal non existe, pero esa universalización da cor, os volumes e as superficies si que se transmite". Á volta de Francia, Gallego fixo amizade con Luís Seoane e Díaz Pardo. "Non se pode desvencellar a arquitectura da vida. A concepción do espazo e do lugar, os materiais, cómo sente un home de aquí a paisaxe... Púxenme a estudiar os valores sensibles da miña cultura. Aí empezaron a atárseme cabos".

Deses cabos resultaron obras coma o Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María, na Coruña, ou as Casas de Cultura de Valdoviño ou Chantada. A última, o complexo de Presidencia en Monte Pío. Nos últimos anos traballou para concellos, con froitos diversos. O proxecto do Museo do Papel do Carballiño non se aprobou, e leva dez anos traballando na remodelación da zona vella da Illa de Arousa, a partir dunha antiga fábrica de conservas, acción que simultanea coa construción dun centro cultural no corazón do casco vello ourensán.

"Crear espazos é como facer tempos", di Gallego. "Cando desaparece a luz desaparece a materia, e vaise cara espazos sen dimensión propia, con luz artificial. Iso cambia todo. A min a que me interesa é a arquitectura da vida. Se falamos de Eisenman, aí cultura e realidade teñen pouco que ver". Sobre o espectáculo, e como experto en urbanismo, Gallego fala tamén do feísmo. "Dáme rabia porque é unha caricatura hipócrita. ¿Que pasa coas grandes actuacións, a especulación inmobiliaria, a destrucción da paisaxe agraria e do litoral? Eu non cualifico a arquitectura por fea ou bonita".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En