Entrevista:Francisco Martínez | LUCES

"A represión non rematou en 1939"

Como guerrilleiro formou parte da II Agrupación de Galicia, e estivo no grupo de Girón, en La Cabrera (León). Francisco Martínez-López Quico (Cabañas Raras, 1925) ven desde hai anos difundindo aquela actividade armada contra a ditadura.

Pregunta. Que utilidade teñen os procesos de recuperación da memoria histórica?

Resposta. Levo anos traballando niso e a utilidade véxoa en que colleu unha dimensión social que dez anos atrás non tiña. Aparte do que resulte do proxecto o que logramos varias asociacións é gañar no terreo da sensibilidade social. Máis que unha l...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Como guerrilleiro formou parte da II Agrupación de Galicia, e estivo no grupo de Girón, en La Cabrera (León). Francisco Martínez-López Quico (Cabañas Raras, 1925) ven desde hai anos difundindo aquela actividade armada contra a ditadura.

Pregunta. Que utilidade teñen os procesos de recuperación da memoria histórica?

Resposta. Levo anos traballando niso e a utilidade véxoa en que colleu unha dimensión social que dez anos atrás non tiña. Aparte do que resulte do proxecto o que logramos varias asociacións é gañar no terreo da sensibilidade social. Máis que unha lei o importante é que o pobo asuma a súa propia memoria.

P. Como reacciona a xente ás súas lembranzas?

R. Din centos de charlas. A min non me gusta moito contar as miñas batallas, pero hai moita curiosidade ante a falta de información, sobre todo nos rapaces de bacharelato que apenas saben quen foi Franco ou o franquismo.

P. Di que se viu na obriga de meterse na guerrilla.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

R. A guerrilla é unha consecuencia da represión. Non tería habido movemento guerrilleiro se despois de 1939 non continuase a persecución. Eu era case un neno e por forza tiven que incorporarme a ese movemento, primeiro como informador e despois xa nos grupos armados.

P. Identifícase guerrilleiro con vida no monte.

R.Permanece a versión dos que fuxiron nos primeiros días do golpe e se refuxiaron nos montes. Pero cando nos estruturamos desde o comezo da década do 40, sobre todo na zona de Galiza, León e Asturias, xa non estabamos no monte, viviamos nas casas. Defendo o concepto de vivir co pobo porque senón non tería sentido esa guerrilla.

P. A represión foi moi feroz?

R. Para dar unha idea, nunha caída que houbo en 1945 en Columbrianos houbo máis de 2.000 enlaces detidos. A finais de 1947 en Figueiredo, un lugar en que estaban todos connosco, non nos detiveron aos 20 guerrilleiros que alí estabamos porque marchamos esa noite, pero masacraron ao pobo enteiro e levaron a case todos os veciños presos.

Archivado En