Luces

Electrónica, folk e rock cantan á billarda

"A viaxe entre a billarda e a música é de ida e volta", explica Xermán Viluba, activista incansábel da Liga Nacional de Billarda (LNB). Pon exemplos: "Maghua é un grupo folk da Coruña que se converteu en equipo de billarda; eu mesmo formei con varios palanadores [os golpeadores do xogo] unha banda, Extensión Agraria". Non estes, pero si os coruñeses, aparecen en República Billarda, o cedé dobre que reúne 27 proxectos musicais en homenaxe ao deporte chamado tamén estornela, lipilape ou pincha. Ningún estilo é alleo á proposta e polos sucos da gravación desfilan rock duro (Zënzar), pop en...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

"A viaxe entre a billarda e a música é de ida e volta", explica Xermán Viluba, activista incansábel da Liga Nacional de Billarda (LNB). Pon exemplos: "Maghua é un grupo folk da Coruña que se converteu en equipo de billarda; eu mesmo formei con varios palanadores [os golpeadores do xogo] unha banda, Extensión Agraria". Non estes, pero si os coruñeses, aparecen en República Billarda, o cedé dobre que reúne 27 proxectos musicais en homenaxe ao deporte chamado tamén estornela, lipilape ou pincha. Ningún estilo é alleo á proposta e polos sucos da gravación desfilan rock duro (Zënzar), pop enerxético (The Homens), post bravú (Ruxe Ruxe ou Cuchufellos), hip hop (Mafia Galega) ou electrónica máis ou menos melódica (Fanny & Alexander, Projecto Mourente, Zimmer 103).

Medio milleiro de persoas organizadas en seis conferencias e que disputan o trofeo integradas nunhas 35 formacións sosteñen, "dende comezos de século", a Liga Nacional de Billarda. "Na liga hai moita xente nova, que tamén anda metida na música, e así a conxunción da República Billarda foi natural", explica Viluba, membro nos noventa de Eskornabois e actual cerebro de Zimmer 103, "comezaron os Mafia Galega, emigrados en Suíza, e logo os palanadores tiraron das bandas que tiñan preto". Ese proceso desembocou en República Billarda, o disco dobre que, ademais, incorpora no libreto un poema de Xabier Cordal e haikus de Séchu Sende, Mario Regueira, María Lado, Carlos Negro, Xavier Campos, Helena Villar, Arsenio Iglesias, Eduardo Estévez e Matilde Castro. Ignacio Castro, Nachok, encargouse do deseño, Eduardo Estévez da literaria e Noel Feáns da listaxe de participantes.

Mapas sonoros

Rexistros "a pé de pista", denominados mapas sonoros, e cortes radiofónicos anoan a escolma de grupos. "É ademais unha homenaxe a aqueles discos de Negu Gorriak en que Antón Reixa cantaba entre os temas 'cando se xoga á pelota aquí", anota Viluba.

Cunha tiraxe de cinco centos de copias, República Billarda sofre a actual precariedade da distribución de discos. Pero excédea "con imaxinación e co top mantelo, o top manta galego". Sobre un mantel de cadros, os militantes da LNB andan festas e romarías e vanse desfacendo dun material presentado en decembro, no Culturgal. "Non é un proxecto estanco, xa pensamos na segunda edición con máis bandas", avisa.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En