Luces

Contra o erro do populismo

A creación das dúas orquestras supuxo unha auténtica reviravolta nos usos culturais do público galego. Se hai 20 anos non existía unha tradición sinfónica entre as audiencias, a asistencia regular a concertos é hoxe para moitos, grazas ás formacións da Coruña (Sinfónica) e Santiago (Filharmonía), algo tan normal como ir ao cinema. Porén, hai que impedir que o costume se faga rutina e todos, dende o acabado de chegar aos auditorios ao melómano máis teimudo, dende os músicos até os máis altos responsables das institucións, debemos manter a chama aguzando o noso inconformismo e o noso sentido crí...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A creación das dúas orquestras supuxo unha auténtica reviravolta nos usos culturais do público galego. Se hai 20 anos non existía unha tradición sinfónica entre as audiencias, a asistencia regular a concertos é hoxe para moitos, grazas ás formacións da Coruña (Sinfónica) e Santiago (Filharmonía), algo tan normal como ir ao cinema. Porén, hai que impedir que o costume se faga rutina e todos, dende o acabado de chegar aos auditorios ao melómano máis teimudo, dende os músicos até os máis altos responsables das institucións, debemos manter a chama aguzando o noso inconformismo e o noso sentido crítico. Aspirando sempre a máis.

Os músicos das orquestras, aumentando a autoesixencia, porque só así se acada a excelencia. Os seus responsables, coidando día a día a motivación dos nosos músicos, elevando as súas perspectivas e facendo medrar a produtividade das súas orquestras, o que non é só nin principalmente dar máis concertos, senón, sobre todo, crecer artisticamente. E facer medrar o número de destinatarios da música, asegurando o relevo xeracional dun público cunha idade media excesivamente alta.

Más información

As autoridades responsables deben apoiar os logros destes anos sen caer nese erro "tremebundo" do populismo que denunciaba Tomás Marco: o de financiar festivais e concertos de aparencia extraendo orzamento de estruturas básicas e fiábeis. Como as que non só fixeron do sinfonismo algo cotiá en Galicia senón que, a través das súas escolas e orquestras novas, axudaron a se formar a un grupo cada vez máis numeroso de mozos galegos que xa están sendo contratados por orquestras de primeira liña en España e en Europa. Rapaces da terra que, co seu traballo ben feito e o seu entusiasmo, van facendo patria mundo adiante.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En