Luces

Homenaxe ao Camiño a ritmo de 'road movie'

O Códice Calixtino marca a viaxe de Ana, unha estudiante de cine que percorre o Camiño Francés para escribir un guión, fascinada pola historia de Gerberga de Flandes, a primeira camiñante feminina rexistrada da vía a Santiago. La Sinapsis del Códice, filme dirixido polo compostelán Pablo Iglesias, é unha "homenaxe á muller" peregrina que parte de Gerberga para identificala finalmente con Hildegard de Bingen, unha abadesa alemana do século XII, convertida en santa, que era escoitada no seu tempo por homes e considerada "pioneira por simbolistas e feministas", explicou a poetisa Yo...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

O Códice Calixtino marca a viaxe de Ana, unha estudiante de cine que percorre o Camiño Francés para escribir un guión, fascinada pola historia de Gerberga de Flandes, a primeira camiñante feminina rexistrada da vía a Santiago. La Sinapsis del Códice, filme dirixido polo compostelán Pablo Iglesias, é unha "homenaxe á muller" peregrina que parte de Gerberga para identificala finalmente con Hildegard de Bingen, unha abadesa alemana do século XII, convertida en santa, que era escoitada no seu tempo por homes e considerada "pioneira por simbolistas e feministas", explicou a poetisa Yolanda Castaño durante a presentación do filme.

Os desvaríos da fita coa mística toman terra coa presenza de personaxes tirados do realismo máxico de Álvaro Cunqueiro: o actor Luís Tosar pon (só) a súa voz ao servizo dun alto cargo eclesiástico. É a personaxe seria que permite creer no mito, segundo a visión do autor. O filme está protagonizado pola actriz galega Sara Casasnovas, que tamén participa do guión, acompañada de Sergio Pazos, Miguel de Lira, Hugo Silva, Óscar Jaenada e a alemana Tessa Leoni. Yolanda Castaño é a voz de Hildegard.

A ambición do director na estética pasa polo uso do "dogma danés de tintado ao Andy Warhol", unha imaxe pop que está reforzada pola música: base musical electrónica mesturada con cantos gregorianos que busca "algo diferente, que sorprenda". Ademais, a estrutura do filme está disposta en nove actos, cada un rematado nun clímax.

Espírito xacobeo

A película, dobrada ao galego aínda que rodada en español, inglés, francés e galego e que se emitirá subtitulada, supón unha "extraordinaria homenaxe" ao patrimonio cultural e ás raíces históricas de Galicia, defendeu Ignacio Santos, responsable do Xacobeo, que colabora na producción do filme. A cinta, ao estilo dunha road movie, percorre numerosas localizacións do Camiño Francés ata chegar a Compostela, camiño no que se cruzan peregrinos, clérigos ou restauradores de fóra da ficción que forman a "paisaxe humana" da vía.

"Un sólido traballo de difusión da esencia" de Galicia, destacou Santos, que ten como obxectivo "promocionar Santiago, Galicia e o Xacobeo". O filme comezará a súa difusión en festivais de Francia e Alemaña. "A ver que camiño lle dá o Apóstolo", encomendouse o autor Iglesias.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En