PSICOFONÍAS | Luces

Quen nos vale do Valedor?

Dunha figura como a do Valedor do Pobo, un espera, nomeadamente, tres cousas: discreción, neutralidade e eficacia activa. Deste Valedor actual pouco máis sabemos que a súa reincidente demostración de pouca paixón e nula convicción na defensa da legalidade lingüística.

Do seu último informe, no que inclúe advertencias aos partidos políticos sobre unha posible crispación lingüística, decepciona que mude o discurso da súa autoridade para tornar en improvisado sociólogo tendencioso dunha realidade complexa. Xa é relativamente paradoxal que unha democracia teña que contar con figuras como as...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Dunha figura como a do Valedor do Pobo, un espera, nomeadamente, tres cousas: discreción, neutralidade e eficacia activa. Deste Valedor actual pouco máis sabemos que a súa reincidente demostración de pouca paixón e nula convicción na defensa da legalidade lingüística.

Do seu último informe, no que inclúe advertencias aos partidos políticos sobre unha posible crispación lingüística, decepciona que mude o discurso da súa autoridade para tornar en improvisado sociólogo tendencioso dunha realidade complexa. Xa é relativamente paradoxal que unha democracia teña que contar con figuras como as dos Valedores e a do Tribunal Constitucional. Como se se dese por descontado que se van producir irreversiblemente avarías na aplicación das garantías dunha xustiza igualitaria. Pero de aí a que o Valedor galego pontifique sobre socioloxía lingüística en vez de ditames xurídicos non hai unha continuidade necesaria.

E é que o Valedor, cando invoca queixas remitidas por castelánfalantes, intervén en peticións individuais de que non se cumpra a Lei de Normalización. E a vía lexítima para esas posicións está na acción política que poida promover e consiga con respaldo electoral cambios lexislativos que non outra cousa é o que peden Galicia Bilingüe, o partido de Rosa Díez e os sectores máis retrógrados do PP.

Pola mesma razón, o Valedor non pode utlizar nin interprertar as queixas de galegofalantes que reclaman a aplicación efectiva desa mesma Lei como síntoma de crispación, porque están no seu pleno dereito e acoden ao recurso máis extremo das garantías xurídicas, a institución do Valedor.

Négome a aceptar que se instale a crispación lingüística entre nós coa mesma enerxía que penso que un castelánfalante non ten problema ningún co seu idioma en Galicia. Os problemas son para nós, os galegofalantes, e, se cadra, para a nosa falta de coraxe e exceso de tolerancia na reivindicación práctica dos nosos dereitos. Xa temos abondo e pregúntome quen e como nos van valer do Valedor.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En