Entrevista:JOSÉ VICTOR CAROU | Director do festival | Luces

"A crítica xa nos sitúa entre os mellores"

A coidada programación do Festival Via Stellae debe moito aos coñecementos musicais do seu director, o compostelán José Victor Carou, que ao longo da súa traxectoria foi responsable da programación de máis de 600 concertos de música clásica.

P. ¿Cales son as principais novidades desta edición?

R. Un dos puntos máis salientables do festival é a presenza de directores residentes que nos permiten abordar un repertorio que doutro xeito non se podería facer. Quizáis o que máis chame a atención ao público sexa a inclusión do ciclo Via Stellae 20-21, dedicado as músicas co...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A coidada programación do Festival Via Stellae debe moito aos coñecementos musicais do seu director, o compostelán José Victor Carou, que ao longo da súa traxectoria foi responsable da programación de máis de 600 concertos de música clásica.

P. ¿Cales son as principais novidades desta edición?

R. Un dos puntos máis salientables do festival é a presenza de directores residentes que nos permiten abordar un repertorio que doutro xeito non se podería facer. Quizáis o que máis chame a atención ao público sexa a inclusión do ciclo Via Stellae 20-21, dedicado as músicas contemporáneas e con especial atención aos intérpretes e compositores galegos. Queremos ser o motor que impulse a colaboración entre os nosos compositores e intérpretes.

Más información

P. ¿Que criterios se seguen para seleccionar ás orquestas e aos directores?

R. Ademáis de apostar pola colaboración estable dos directores, o proceso de selección baseouse na calidade dos intérpretes e no interese dos proxectos que se presentan. Tratamos de ofrecer unha mistura no repertorio. Por unha banda, contamos con obras que á xente lle gosta escoitar pero tamén queremos rescatar pezas esquecidas. Deste xeito diferenciámonos doutros festivais. Un exemplo disto é o feito de que Marc Minkovski vaia a gravar por primeira vez unha obra de Bach neste festival.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

P. ¿Que lugar ocupa agora o festival no panorama estatal e europeo?

R. Eu prefiro non dar a miña opinión senón citar a dos críticos que viñeron o ano pasado e que dixeron que era un dos certames máis interesantes do Estado e que soupera facerse un oco dentro do conxunto dos grandes festivais europeos. Estamos a preparar uns programas especiais para os vindeiros anos. Hai que ter en conta que é un festival moi novo e xa falamos de consolidalo entre os mellores.

P. ¿Vai a continuar sendo un festival dos camiños ou se concentrará máis en Santiago?

R. Seguiremos coa mesma liña porque é importante levar este tipo de música á xente que ten máis dificultades para escoitala que as persoas que viven nas cidades.

Archivado En