Luces

Tres novos títulos de 'No país dos contos'

A colección No país dos contos, unha iniciativa conxunta da edición galega de EL PAÍS e a editorial Galaxia, continúa hoxe cun novo título. O relato Conto para non comer, con texto de Oli e ilustracións de Andrés Meixide, estará ao dispor dos lectores deste xornal nos quioscos ao prezo de 1 euro.

Os vindeiros luns e mércores a colección ofrece outros dous títulos. No primeiro día da semana, poderase mercar con EL PAÍS o relato Tres princesas namoradas, con texto e ilustracións de Ánxeles Ferrer. O mércores, o libro que se venderá conxunta e inseparablemente co xorna...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A colección No país dos contos, unha iniciativa conxunta da edición galega de EL PAÍS e a editorial Galaxia, continúa hoxe cun novo título. O relato Conto para non comer, con texto de Oli e ilustracións de Andrés Meixide, estará ao dispor dos lectores deste xornal nos quioscos ao prezo de 1 euro.

Os vindeiros luns e mércores a colección ofrece outros dous títulos. No primeiro día da semana, poderase mercar con EL PAÍS o relato Tres princesas namoradas, con texto e ilustracións de Ánxeles Ferrer. O mércores, o libro que se venderá conxunta e inseparablemente co xornal será Camiño solitario, un relato de Ánxela Gracián levado a imaxes por Federico Fernández.

A colección No país dos contos está integrada por 22 títulos, entre eles de autores sobranceiros da literatura galega, destinada aos cativos que se inician na lectura.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En