Reportaje:TERRA DE SEMPRE

A mirada magnética

O milleiro de topónimos amosa a riqueza de lugares de Galiza

A pintura da paisaxe nace en Oriente da man de calígrafos zen que optaron por unha vida retirada. Arredados da sociedade, aqueles pintores-poetas entregáronse á contemplación da natureza na procura de acougo. Agroma daquela unha primeira mirada de interacción entre mente e mundo. A natureza como un imán sensorial que vai atraer a mirada. Como facía Novoneyra no Courel. A mirada estabelece unha ponte co universo. Unha busca emocional. Ollar é un contacto a distancia. Nos catro trazos dun haiku visual está o corazón da paisaxe. Cara a apreixar de xeito sutil o ritmo da natureza: o seu lat...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A pintura da paisaxe nace en Oriente da man de calígrafos zen que optaron por unha vida retirada. Arredados da sociedade, aqueles pintores-poetas entregáronse á contemplación da natureza na procura de acougo. Agroma daquela unha primeira mirada de interacción entre mente e mundo. A natureza como un imán sensorial que vai atraer a mirada. Como facía Novoneyra no Courel. A mirada estabelece unha ponte co universo. Unha busca emocional. Ollar é un contacto a distancia. Nos catro trazos dun haiku visual está o corazón da paisaxe. Cara a apreixar de xeito sutil o ritmo da natureza: o seu latexo interior. Tamén a pulsión do baleiro. Durante anos os calígrafos transportaron ese segredo: de xeración en xeración.

Unha paisaxe é un agregado sensorial: que pasa a habitar na mente

A paisaxe chega a Occidente máis tarde: pasaron séculos deica reparar no milagre do contorno exterior. A configuración da paisaxe xorde de pintores como Patinir: atentos ao latexo metafísico. Azul da distancia. Azul-lonxe. Peneirar a atmósfera. O misterio na recreación do contorno natural. A mirada romántica é a que logo vai facer a redescuberta, deica configurar na poética do sublime unha identificación senlleira coa natureza. Fixeron da paisaxe un Absoluto. Esa mirada intensa (chea de paixón) vai dar froitos en Galiza.Toda a Xeración Nós está baixo o feitizo desa ollada magnética: que le no libro da natureza deica construír un mundo de sentido. Esa imaxe poderosa chega case intacta até nós. A propia intrahistoria das orixes nace daquela. Nas esculcas arqueolóxicas podemos ver a abstracción de cosmogonías primitivas gravadas na pedra. Os baixorrelevos dos petroglifos: o ritmo solar, as ondas, os animais. A integración do ser humano co lugar

Todo o espazo vai ficar habitado polo miúdo. A riqueza de lugares en Galiza é única no mundo. Milleiros de topónimos. Cada recuncho fica acariñado pola man do home e os deuses do lugar. Seguindo o rastro dun animismo primordial. A senda dun panteísmo inconsciente. A estética do sublime propicia un reencantamento da natureza; o pacto coa orixe (nun adestramento da mirada). Na arte e na literatura hai moitos exemplos desa identificación: as paisaxes da alma. A sensibilidade nórdica fixo da análise da atmosfera húmida e da nubosidade variábel un programa estético: dende Villamil a Colmeiro, Souto, Urbano Lugrís, Grandío, ou as propostas da moderna abstracción.

Otero Pedrayo falou sempre dunha "terra fondamente humanizada". A xeografía nórdica ten unhas características de seu, que propiciaron ese vencello de raíz coa terra. Simbiose home-terra (a mestura home-humus da que se ten falado). Acontece noutro pobos de Europa (cunha pronunciada sensibilidade intimista). A exuberancia da vexetación expresa esa atracción. A policromía infinda de verdes que recobre o territorio. O estalo do outono: onde o vermello deposita o contraste complementario (daquela a natureza vibra). Todos levamos unha carta de cor tatuada na retina. O neno rexistra o abraio cromático dun mundo que renace cada xornada. O arco da vella é un pacto multicor despois da chuvia. A cor intensa nos lameiros. Unha paisaxe é un agregado sensorial: que pasa a habitar na mente. Transportamos unha determinada paisaxe. Somos paisaxe.

A paisaxe é o sentimento da mirada. A mirada-duración vai configurar o relato da paisaxe: creando un conxunto. Un tecido de relacións, nunha urda vital. Complementariedade activa no entrelazo dos sentidos. Experiencia sensorial e memoria do aberto. A sensación de plenitude na contemplación. A incríbel gama de cores rechamantes nun cativo paxaro. A textura da pedra. O relevo da árbore. As follas amarelas. A luz e o solpor. O misterio do luar. Dicir: veiga, xesta, orballo. O idioma e a natureza respiran ao tempo. As carballeiras, os soutos, as fragas, o recendo da frouma. As pólas das árbores trazan unha escrita no ceo: un labirinto a descifrar. A chuvia é un soño líquido. Auga oblícua que peta na pedra. Auga virada en néboa. A neve, nos altos cumes do poeta ou a "sinfonía atlántica" da que falaba Cunqueiro: o son do vento e o balbordo do mar entremesturados (dende a atalaia de pedra).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O océano é un escultor insomne. Praias de ensoño, illas atlánticas. A mirada oceánica vai na procura do infinito. Un paraíso que recibe a visita cíclica da desfeita: as riadas da erosión, os petroleiros do loito, o lume que calcina. Os catro elementos da cosmogonía primeira seica tolearon. Nietzsche ten unha frase atinada e corrosiva: "O home é unha enfermidade no planeta Terra". Unha fenda no equilibrio natural. O debate da sostibilidade. O cambio do clima. A loita pola biodiversidade. A paisaxe pode ser tamén a crónica dunha perda. A paisaxe borrada. O rexistro dunha expropiación: na privatización da mirada. A ameaza das piscifactorías. A metástase das urbanizacións sen control. As canteiras a furar nas montañas. As nubes negras sobre a paisaxe.

Archivado En