LUCES

Siniestro no corazón

Máis de vintecinco anos despois volvo coincidir nun escenario con Siniestro Total. Foi na Coruña estes días a propósito da festa de inauguración da FNAC. Incrible espectáculo. Ëpica resistencia. Conservan intacta a súa enerxía, a súa capacidade de complicidade co público (que vai cambiando de xerazón) e o seu poder de transgresión posible. Porque transgresión hai en rematar o seu show co himno da antiga URSS e en seren posiblemente os únicos vigueses autorizados e tolerados para ironizar cos coruñeses no fío ultrasensible da rivalidade futbolística. Manteñen sen resabios a esencia de ro...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Máis de vintecinco anos despois volvo coincidir nun escenario con Siniestro Total. Foi na Coruña estes días a propósito da festa de inauguración da FNAC. Incrible espectáculo. Ëpica resistencia. Conservan intacta a súa enerxía, a súa capacidade de complicidade co público (que vai cambiando de xerazón) e o seu poder de transgresión posible. Porque transgresión hai en rematar o seu show co himno da antiga URSS e en seren posiblemente os únicos vigueses autorizados e tolerados para ironizar cos coruñeses no fío ultrasensible da rivalidade futbolística. Manteñen sen resabios a esencia de rock e do vello punk, unha forma de ver o mundo: é tan importante a música como o que din nas letras ou entre canción e canción. O sarcasmo como clave de inetrpretación da vida e o divertimento como forma de estar.

No mesmo día recibo un luxuoso tomo editado pola Comunidade de Madrid adicado á inefable movida dos oitenta. Aínda que ben intencionados.resultan patéticos estes esforzos librescos e culturizantes para definir e describir o que foi un saudable andazo de tolerancia, frívola pero tolerancia, de conquista popular do ocio e de creatividade libre e gamberra.

A aquilo non se lle pode poñer índice alfabético de autores nin notas a pé de páxina, a esencia e a pervivencia do mellor do anos oitenta segue viva e real en cada compás de Siniestro Total, en cada pinga da súa súor sobre o esenario e en cada quilómetro que percorre a incansable banda. Por iso, vintecinco anos despois, moitos levamos a Siniestro no corazón. "¡Cuánta puta y yo que viejo!".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En