Reportaje:SON DE MULTITUDES | LUCES

Música barroca e antiga nos Camiños

O festival 'Via Stellae' celebra a súa segunda edición cun programa de 80 concertos

Unha ambiciosa programación composta por oitenta concertos é a base do Via Stellae. II Festival de Música de Compostela e os seus camiños, o acontecemento máis importante dedicado a música clásica que terá lugar ao longo do verán en Galicia. O casco vello de Santiago será o epicentro dun certame que se prolongará durante o mes de xullo e que contará tamén con actuacións nas vilas e cidades que atravesan os distintos camiños a Santiago. A maioría dos recitais contarán cun repertorio integrado por pezas de música antiga e barroca, aínda que tamén haberá espazo para outro tipo de propostas...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Unha ambiciosa programación composta por oitenta concertos é a base do Via Stellae. II Festival de Música de Compostela e os seus camiños, o acontecemento máis importante dedicado a música clásica que terá lugar ao longo do verán en Galicia. O casco vello de Santiago será o epicentro dun certame que se prolongará durante o mes de xullo e que contará tamén con actuacións nas vilas e cidades que atravesan os distintos camiños a Santiago. A maioría dos recitais contarán cun repertorio integrado por pezas de música antiga e barroca, aínda que tamén haberá espazo para outro tipo de propostas con especial atención a compositores galegos coma Octavio Vázquez, Juan Durán e Paulino Pereiro.

Entre as figuras que estarán no festival sobresae a presenza do director británico John Eliot Gardiner, que dirixirá aos grupos English Baroque Soloists y al Monteverdi Choir -ambos os dous fundados por el mesmo- e que actuará en Santiago nunha dobre sesión o vindeiro 14 de xullo, con repertorios diferentes no parque de San Domingos de Bonaval e no Auditorio de Galicia.

O director do festival, José Victor Carou, explica que un dos seus obxectivos é que o certame conte coa presenza de artistas de recoñecida traxectoria internacional pero que, ao mesmo tempo, exista un intercambio de experiencias entre éstes e os artistas galegos que interveñan. A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Rinaldo Alessandrini, será a encargada de abrir o festival (3 de xullo), que tamén contará coa Orquestra Sinfónica de Galicia (13 de xullo).

Ademais de Eliot Gardiner, o programa inclúe a outras destacadas formacións e solistas de prestixio internacional coma Il Giardino Armonico (10 de xullo), Venice Baroque Orchestra (16 de xullo), La Petite Bande (19 de xullo), La Grande Chapelle (21 de xullo) e Anne Sophie Von Otter (26 de xullo). Carou destaca que en só dous anos de existencia o festival soubo situarse entre "os máis importantes" de música barroca de Europa e proba diso é que xa existen acordos para un período de catro anos con algunhas das formacións que veñen a actuar a Santiago, coma é o caso da Venice Baroque Orchestra e dos Musiciens du Louvre.

A elección dos espazos nos que se celebrarán os concertos pretenden combinar a calidade da acústica de lugares que programan música clásica habitualmente (Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Salón Teatro) co aproveitamento de escenarios menos habituais para os concertos coma a Igrexa da Universidade, San Domingos de Bonaval ou o Colexio de Fonseca.

Unha das novedades deste ano será a celebración de concertos-expres, que consisten en recitais de apenas media hora de duración que se celebran en espazos moi perto da rúa e que pretenden levar a música aos milleiros de turistas que visitan Santiago durante o mes de xullo. Outra das novas iniciativas serán dúas tardes de música e arte que terán lugar nos mosteiros de Sobrado dos Monxes (7 de xullo) e de Carboeiro (15 de xullo).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A ópera tamén estará presente no festival con obras coma Orfeo Dolente, de Domenico Belli, e Tolomeo e Alessandro, unha peza que servirá para rendir homenaxe ao compositor Domenico Scarlatti no 250º aniversario do seu pasamento.

A outra cita imprescindible para os amantes da ópera en Galicia chegará a principios de xullo no Festival Mozart de A Coruña, que programa unha das obras emblemáticas do compositor de Salzburgo, La Flauta Mágica. A obra se representará os días 5 e 7 de xullo no Palacio da Opera da Coruña, coa presenza da Orquestra Sinfónica de Galicia e do Coro da Comunidade de Madrid.

Archivado En