PSICOFONÍAS | LUCES

Penélope e a música galega

Durante os anos oitenta parece fóra de dúbida para todos que a música pop en Galicia acadou uns niveis de repercusión importantes. Eran os tempos daquilo que se deu en chamar Movida e era simultáneo a un proceso similar na música folk que na década seguinte substituíu e superou con creces o espazo que ocupara o pop. Naquela época tiven a fortuna de formar parte d'Os Resentidos, que como maior nota diferencial presentaba a de sermos a unica agrupación que utilizaba exclusivamente o galego nas cancións. Moi de lonxe, eu non deixaba nunca de lembrar o heroico precedente de Goma-2, pioneiro...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Durante os anos oitenta parece fóra de dúbida para todos que a música pop en Galicia acadou uns niveis de repercusión importantes. Eran os tempos daquilo que se deu en chamar Movida e era simultáneo a un proceso similar na música folk que na década seguinte substituíu e superou con creces o espazo que ocupara o pop. Naquela época tiven a fortuna de formar parte d'Os Resentidos, que como maior nota diferencial presentaba a de sermos a unica agrupación que utilizaba exclusivamente o galego nas cancións. Moi de lonxe, eu non deixaba nunca de lembrar o heroico precedente de Goma-2, pioneiros, como grupo, no emprego do idioma e, como solista, por suposto, a Andrés Dobarro.

Nalgunha reportaxe deste mesmo Luces facíase inventario dunha proliferación ben esperanzadora das propostas actuais de pop rock no país e co denominador común dunha alta creatividade, produtividade e diversidade estilística. Amais diso, aquilo que con Os Resentidos era excepcional, o galego, é agora coincidencia de moitos artistas. Unha boa mostra do que afirmo pode ser unha escoita en calquera día da semana do programa Aberto por reformas do amigo Xurxo Souto na Radio Galega.

Nas sombras dese proceso non podo deixar de referirme a que, contrariamente aos oitenta, o coñecemento e incidencia de toda esa música tanto en Galicia como fóra non é o mesmo. Nomeadamente, porque os medios de comunicación non son especialmente permeables á diversidade lingúística pero, e sobre todo, porque cando a música en galego elevou os niveis de produción, creatividade e mesmo de industria (existen agora compañías discográficas galegas que non existían daquela) a crise mundial que padece a industria musical no mundo enteiro pola piratería e os cambios tecnolóxicos está instalada plenamente tamén entre nós. Prodúcese así un paradoxal "efecto Penélope" que tecía e destecía cada día o seu manto esperando por Ulises. Na música galega xa chegou Ulises, pero o manto, é dicir, a industria, xa non está de moda.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En