PSICOFONÍAS | LUCES

Debates

¿É necesario estar namorado para compoñer poemas de amor? Se cadra, esta cuestión que consumía unha parte importante das discusións dos trobadores medievais inauguraba unha longa tradición na cultura galega de debates estériles e paralisantes. É propio das culturas minorizadas e sustentadas en linguas non normalizadas cultivar este tipo de debates nihilistas. Cando comecei a escribir poesía en galego, nos anos 70, tiñamos que comezar pola explicación vehemente da nosa escolla lingüística, iso era o que se nos propuña desde ámbitos non galeguistas, pero desde os sectores digamos ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

¿É necesario estar namorado para compoñer poemas de amor? Se cadra, esta cuestión que consumía unha parte importante das discusións dos trobadores medievais inauguraba unha longa tradición na cultura galega de debates estériles e paralisantes. É propio das culturas minorizadas e sustentadas en linguas non normalizadas cultivar este tipo de debates nihilistas. Cando comecei a escribir poesía en galego, nos anos 70, tiñamos que comezar pola explicación vehemente da nosa escolla lingüística, iso era o que se nos propuña desde ámbitos non galeguistas, pero desde os sectores digamos practicantes o que se nos plantexaba, como reproche, era que os camiños de Rosalía aínda estaban abertos. Isto tiña que ver con asociar á normalización lingüística un modelo cultural. Neste caso, a literatura galega era considerada en si mesma un xénero, o mesmo que constatei cando cambiei de rexistro para cantar en galego co grupo Os Resentidos: a cuestión neste caso non era a lingua senón que faciamos rock, un estilo anglosaxón, nada galego polo tanto. Sustraerse ás tensións internacionais da creación cultural é outro estigma das culturas minorizadas. Pero a grande discusión, a que máis bloqueou a esperada proactividade da intelectualidade galega foi o debate ortográfico (lusismo/non lusismo) que se estendeu como un cancro no final dos 70 e boa parte dos 80. Outra das características destes debates autodestrutivos é a de seren elitistas e marcaren unha distancia enorme cos usuarios de cultura. No momento actual, non sabería establecer cál é o debate en marcha (estéril ou non) e non sei se ese é o peor estado de opinión dunha cultura minorizada: o estatus anestésico. Se cadra, porque nos falta coraxe ós creadores de cultura para identificar o noso público e enfadarnos co mundo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En