LUCES

Rock combativo, folc virtuoso

Dende Vigo, despois do cd de Skacha, agardamos o novo disco doutros clásicos do rock combativo: Skarnio. Kogito e Dandy Fever manteñen acesa a chama do ska. Tamén os Transilvanians, que foron quen de acadar a simbiose emocional entre a Ría de Vigo e a costa de Xamaica.

Cómpre recuncar en Santiago, na súa condición de acubillo de estudantes e almas perdidas. Alí naceu o pasado ano Galegoz, un conxunto que, como o seu referente onomástico Gorilaz, ía ser virtual e acabou converténdose en carnal e decididamente directo. E Nao, alianza prodixiosa Quiroga-A Estrada, cun primeiro cd chamado ...

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte

Dende Vigo, despois do cd de Skacha, agardamos o novo disco doutros clásicos do rock combativo: Skarnio. Kogito e Dandy Fever manteñen acesa a chama do ska. Tamén os Transilvanians, que foron quen de acadar a simbiose emocional entre a Ría de Vigo e a costa de Xamaica.

Cómpre recuncar en Santiago, na súa condición de acubillo de estudantes e almas perdidas. Alí naceu o pasado ano Galegoz, un conxunto que, como o seu referente onomástico Gorilaz, ía ser virtual e acabou converténdose en carnal e decididamente directo. E Nao, alianza prodixiosa Quiroga-A Estrada, cun primeiro cd chamado Somos ou o máis parecido á reencarnación de don Ramón Otero Pedrayo cargado de distorsión.

Aínda non falamos de folc, etiqueta hoxe sinónimo de virtuosismo. U-los tempos de complexo diante dos violíns irlandeses? Novísimos músicos que, ademais de facer e desfacer nós cos dedos, enchen de paixón o escenario. Esta é a mellor descrición para referirse a Diego Maceiras e Dani Bellón, dous de Fene, acordeón diatónico e gaita, cun primeiro disco, Unión de terras noviño do trinque. Novo cd teñen tamén Sete Saias, que en rigor son dúas e arpistas, naturais de Coia - máis orgullo de barrio- e do Porriño. E está a piques de aparecer o primeiro traballo de Arrás, con epicentro nas aulas de maxisterio musical de Santiago. Hai uns días reivindicaron o norte e presentaron, en primicia, o seu espectáculo no teatro de Viveiro.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Archivado En