LUCES

O método de falar

Outros dos paradoxos do galego son as enormes cantidades de cartos destinadas a políticas para a súa normalización e o feito estatístico de que, a pesar de estar presente nas aulas por primeira vez na Historia, da escola saen menos galegofalantes dos que entran. Por se fose cuestión de cantidade, a Consellería de Educación proxecta aumentar a porcentaxe de galego no ensino non universitario do 50% actual a niveis de ata preto do 70%. Pero o 50% legal é aínda unha quimera. Segundo denuncias reiteradas da Mesa pola Normalización Lingüística, incumpren a normativa o 90% dos centros de infantil e ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Outros dos paradoxos do galego son as enormes cantidades de cartos destinadas a políticas para a súa normalización e o feito estatístico de que, a pesar de estar presente nas aulas por primeira vez na Historia, da escola saen menos galegofalantes dos que entran. Por se fose cuestión de cantidade, a Consellería de Educación proxecta aumentar a porcentaxe de galego no ensino non universitario do 50% actual a niveis de ata preto do 70%. Pero o 50% legal é aínda unha quimera. Segundo denuncias reiteradas da Mesa pola Normalización Lingüística, incumpren a normativa o 90% dos centros de infantil e primaria, o 77% dos centros da ESO, o 63,2% de Ciclos Formativos e o 87,5% dos de Bacharelato. E iso no ensino público.

Tamén hai quen apunta que quizais non sexa soamente un problema de cantidade, senón de calidade. De abandonar a teima ortográfica, insistir na aprendizaxe teórica da selva de normas de como colocar pronomes e verbos, a favor das capacidades de comunicación. É dicir, aprender se é "díxome" ou "me dixo" polo método de falar.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En