LUCES

Un Nobel catalán

Apaño libros pola casa; libros galegos editados hai sesenta, cincuenta, trinta, dez, tres, un ano..., libros que non tiveron a atención que merecían

Apaño libros pola casa; libros galegos editados hai sesenta, cincuenta, trinta, dez, tres, un ano..., libros que non tiveron a atención que merecían. Libros que os autores deitaban ao vintemperio e libros que están a nacer xustamente agora con todo na súa contra. Libros e autores sen un país detrás, porque os escritores sempre foron útiles e necesarios aos países mais non poden existir sen o apoio cívico necesario e aquí en tres décadas de autonomía non se construíu o espazo social necesario para que exista unha literatura cos mínimos necesarios. Semellaba que xa pasara o tempo histórico do Ro...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Apaño libros pola casa; libros galegos editados hai sesenta, cincuenta, trinta, dez, tres, un ano..., libros que non tiveron a atención que merecían. Libros que os autores deitaban ao vintemperio e libros que están a nacer xustamente agora con todo na súa contra. Libros e autores sen un país detrás, porque os escritores sempre foron útiles e necesarios aos países mais non poden existir sen o apoio cívico necesario e aquí en tres décadas de autonomía non se construíu o espazo social necesario para que exista unha literatura cos mínimos necesarios. Semellaba que xa pasara o tempo histórico do Romantismo europeo no que os escritores encarnaban, sostiñan e anunciaban o espírito da nación, o país encomendáballes cargar ese peso, e un xa non sabe que pensar.

Pasaron por aquí a directora do Instituto Camõens, un directivo do Instituto Cervantes e pasou o Alex Susanna, que fora o primeiro director do Instituto Ramon Llul e volve selo. Envexa da Cataluña, envexa da lingua catalana. E como non han ter os nosos escritores envexa dos escritores en catalán, que desde hai décadas tiveron detrás o que aquí nunca houbo: unha Administración que cumpriu co deber de protexer a lingua e a literatura propias, promover a obra dos seus autores noutros países. O resultado é unha presencia importante da literatura catalá noutros países, ser o país convidado na feira do libro de Guadalajara, México, e na máis importante do mundo, a de Francfort. Marabilla dun país digno e orgulloso da súa lingua e dos seus escritores, con gobernantes. Simplemente gobernantes, quen nos dera. Unha política nacional continuada por sucesivas administracións autonómicas que xa deu os seus froitos e que claramente apunta desde hai anos a un obxectivo: conseguir un premio Nóbel de literatura en lingua catalana.

Hano conseguir, madialeva, e con todo merecemento, pois o Nóbel, en parte, premia unha obra literaria persoal mais, tamén en parte, recoñece a existencia de literaturas polo mundo adiante. É un premio paradoxal, en xeral premian obras de indubidábel valor literario e ao tempo detrás de cada premiado procuramos os motivos políticos, damos por suposto que son algún alarde da diplomacia dunha imaxinada curia sueca: un ano a unha escritora dos países exsoviéticos, outro a un desa China que emerxe e peta forte, outro a un en lingua portuguesa que aínda non tivo e non pode ser... Cataluña é vista en Europa xustamente como pretende e merece, unha nación sen Estado, orgullosa da súa identidade e un país cívico, pacifico e emprendedor. Hai unha categoría para recoñecer as culturas sen estado na Europa e unha obra literaria en lingua catalá ten posibilidades reais de acadar un Nóbel, por merecementos propios do autor ou autora e tamén por merecementos dun país rexo e intelixente. Ben o merecen eles. Que nós, non.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En