LUCES

Leo Bassi ‘actuará’ no Concello de Santiago

O cómico xa advertira o pasado venres que estaba a buscar un espazo alternativo na cidade para sortear a “censura”

Non o fará no Teatro Principal, como estaba previsto até que o Concello de Santiago lle retirou o permiso, malia a que as entradas xa estaban á venda, pero o cómico Leo Bassi actuará de todos os xeitos en Santiago. E por partida tripla, ademais. No auditorio da facultade de Ciencias da Comunicación ofrecerá dous pases consecutivos do espectáculo The Best of Leo Bassi o 12 de abril para “compensar” o menor aforamento da sala, de 300 prazas. O mesmo día, pero pola mañá, pasará tamén pola sede do consistorio, convidado polo BNG a un “acto de desagravio”.

“Non imos permanecer de br...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Non o fará no Teatro Principal, como estaba previsto até que o Concello de Santiago lle retirou o permiso, malia a que as entradas xa estaban á venda, pero o cómico Leo Bassi actuará de todos os xeitos en Santiago. E por partida tripla, ademais. No auditorio da facultade de Ciencias da Comunicación ofrecerá dous pases consecutivos do espectáculo The Best of Leo Bassi o 12 de abril para “compensar” o menor aforamento da sala, de 300 prazas. O mesmo día, pero pola mañá, pasará tamén pola sede do consistorio, convidado polo BNG a un “acto de desagravio”.

“Non imos permanecer de brazos cruzados diante dos sucesivos episodios de censura do goberno de Conde Roa”, explican os nacionalistas. En Raxoi, o clown manterá un encontro co grupo municipal e outro cos medios, onde explicará a súa versión do acontecido. Onte, nas redes sociais, Bassi fixaba a súa actuación no Concello para as once da mañá e ofrecía dous tipos de entradas para a da noite: 10 euros para o público xeral e 7 para “estudantes, desempregados e afiliados do PP”.

Logo das declaracións do alcalde compostelán, o popular Gerardo Conde Roa, nas que confesaba a “especial repugnancia” que lle producía cómico, é difícil evitar a lectura política. Xosé Pereira, o decano da facultade de Ciencias da Comunicación, insiste porén en que se trata dun procedemento “ordinario” sen relación coa polémica. “Os representantes de Bassi, Pallasos en Rebeldía, solicitaron a cesión temporal do auditorio a cambio de aboar as taxas correspondentes. Xa está. Nin recibín nin espero recibir ningunha chamada”, argumenta.

O cómico xa advertira o pasado venres en declaracións a EL PAÍS que estaba a buscar un espazo alternativo na cidade para sortear a “censura” do goberno municipal, que vincula a “presións da Igrexa”. Finalmente atopou o que buscaba na facultade de Ciencias da Comunicación. “Ten un contido cultural importante”, explica o decano, “e a universidade tamén está para iso, para impulsar a cultura. Non debería pasar nada extraordinario. Confío na boa fe da xente”.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En