Luces

O 'suicidio' de RVB

"A Casares por pequeno e co noso firme deseio de que algún día medre de abondo como pra lle cheirar os ventos ao Nobel". "A Fraga Iribarne pola súa contribución a garantir a seguridade ciudadana, ao acoller no seu partido a tanto presunto delincuente común". "A Francisco Rodríguez pra ver se se cabrea e nos monta un bo cristo". "A Portomeñe pola xentileza de nos agasallar cun veto, contribución sen a que isto nunca sería posible".

Son algúns dos aludidos -cóntanse 19 entre políticos da cultura e compañeiros do teatro- por Roberto Vidal Bolaño na dedicatoria que encabeza, a finais de 198...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

"A Casares por pequeno e co noso firme deseio de que algún día medre de abondo como pra lle cheirar os ventos ao Nobel". "A Fraga Iribarne pola súa contribución a garantir a seguridade ciudadana, ao acoller no seu partido a tanto presunto delincuente común". "A Francisco Rodríguez pra ver se se cabrea e nos monta un bo cristo". "A Portomeñe pola xentileza de nos agasallar cun veto, contribución sen a que isto nunca sería posible".

Son algúns dos aludidos -cóntanse 19 entre políticos da cultura e compañeiros do teatro- por Roberto Vidal Bolaño na dedicatoria que encabeza, a finais de 1985, o inédito Caprice des dieux (Discurso cívico para actor e monecos, ou fíxoa boa señor conselleiro). É Xaquín García Marcos quen dirixe aquel monólogo bufo de teatro político para actor, marionetas e grand guignol, resume da estética de Antroido. Serve para celebrar os dez anos da compañía orixinal, suicidarse e cambiar de oficio. Para clarexar as razóns do texto, porén, habería que invocar o teatro galego de 1984.

Más información

Segundo a cronoloxía de Fernández Castro, o veto a RVB xéstase en Ourense, durante a presentación de Agasallo.... Un xornalista pregúntalle polo proxecto de lei que prevé dotar de autonomía ao CDG, algo importante naquela altura, e el sóltase dicindo que, se non hai xeito de substanciar aquela proposta de Luís Álvarez Pousa [director xeral de Cultura], é porque para o conselleiro [Víctor Manuel Vázquez Portomeñe] as xentes do teatro son "unha cuadrilla de anarquistas e nacionalistas radicais, e ao mellor iso parécelle razón dabondo para poñer en cuestión o CDG". A censura faise carne antes do Caprice. Por probar, Dorotea Bárcena intenta botar man del para a versión de Follas Novas que lle encarga dirixir o director do CDG, Eduardo Alonso. Non é posíbel. A profesión debate o caso e a solidariedade sen ambaxes verbalízana, entroutros poucos, a propia Bárcena, Xulio Lago e, con matices, Marisa Soto. Voces houbo que criticaron a logorrea moral do autor cando de teatro se trataba.

Sen ir máis lonxe, continuación do Caprice a xeito de monólogo co Apóstolo, explicita en 1997 -publicouno A Trabe de Ouro en 2002- aquela experiencia: "O conselleiro case se sentiu alagado por ser o protagonista dun espectáculo de éxito, os máis dos compañeiros viron cómo medraba a satisfacción das máis cativas das súas comenencias, e a min botáronme dos escenarios durante case oito anos. Só polos pelos me librei de ter que facer vídeos pedindo o voto para candidatos cara os que sentía un profundo desprezo".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En