Luces

Esa cara tan seria

É o que teñen os libros, que andan pola casa adiante, son animais de compaña. E do medio dun monllo deles tiro un de tantos que deixei amediado nalgunha ocasión, Los perros de Tesalónica (Editorial Lengua de Trapo), do Kjell Askildsen, e lembro que gustara da súa lectura, que mesmo me fixera sorrir nalgún momento. Xa ten uns anos. De cando aínda non estaba de moda traducir malos libros de escritores nórdicos, pois Askilsen é bo. E reparo nunha súa fotografía na capa do libro, vaites coa cara de pao que ten o paisano. É de admirar. A fotografía, a imaxe, do autor, é todo un tema litera...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

É o que teñen os libros, que andan pola casa adiante, son animais de compaña. E do medio dun monllo deles tiro un de tantos que deixei amediado nalgunha ocasión, Los perros de Tesalónica (Editorial Lengua de Trapo), do Kjell Askildsen, e lembro que gustara da súa lectura, que mesmo me fixera sorrir nalgún momento. Xa ten uns anos. De cando aínda non estaba de moda traducir malos libros de escritores nórdicos, pois Askilsen é bo. E reparo nunha súa fotografía na capa do libro, vaites coa cara de pao que ten o paisano. É de admirar. A fotografía, a imaxe, do autor, é todo un tema literario.

A imaxe do escritor adoita ser polo menos de dous tipos: hai a opción de saír moi serio, porque o escritor é terríbel, severo ou atormentado, e hai a opción de aparecer sorrindo para calquera que apañe o libro na man, como se o escritor fose un animaliño sensíbel, cálido e afectuoso. É moi difícil caer no medio, nin unha cousa nin outra, representar iso que chaman "naturalidade", porque non sendo as fotos roubadas as imaxes posadas son iso, posse, e non poden ser doutra forma. Iso si, hai a pose natural, que é da que máis gostan os fotógrafos.

A imaxe dun anda solta, ten sinistra vida propia e móstrase hostil ao que pensou ser seu amo

Lembro a experiencia de o escritor posar para reportaxes fotográficas, posar para xornais, revistas, é un das tarefas máis comúns da vida do escritor. E tamén das máis perturbadoras e angustiosas. Seica non doe, mais acaba por doer. A imaxe dun sempre anda logo por aí solta, ten a súa sinistra vida propia e móstrase hostil a quen pensou que podía ser o seu amo. O amo finalmente fica atado a ela e hai veces en que soña cunha fuga case imposíbel, pois conforme o autor ten éxito literario, tanto ten que sexa de crítica, de público ou de todo, a súa imaxe engorda exponencialmente.

Esa pose do autor é literatura, literatura teatral. A súa imaxe é un discurso paralelo ao dos seus libros. Non debera existir imaxe do autor. Porén, desde que existen os medios de comunicación que nos deixou o século XX, prácticamente é imposíbel. Nin sequera un autor que publicase con seudónimo e non comparecese en conferencias ou a promover o seu libro podería librarse. En pouco tempo había aparecer en Youtube algunha imaxe súa roubada cando o autor anónimo escaravellando cun bolígrafo na orella ou aparcando nun paso cebra, cando entraba nun bar ou nunha mercería.

Así e todo, ao contemplar no libro a foto do Kjell cavilo: "E como el fará para non saír sorrindo?". Eu sempre caín como un parrulo ante cada fotógrafo astuto que me dicía: "Non esteas tan serio". E inevitabelmente a min saíame un sorriso que acababa coa pretensión de aparecer serio, terríbel e atormentado.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En