Reportaje:Luces

Barsowia desocupada

Polaqia, o colectivo de cómic que acubilla a algúns dos debuxantes galegos máis internacionais, desfaise definitivamente a finais de ano

Logo de dez anos xogando en serio á guerra de universalizar o cómic feito en Galicia, Polaqia esváese. O colectivo, que acubilla a unha das mellores fornadas de debuxantes de banda deseñada da actualidade, bota o peche a final de ano e, con el, evapórase tamén o seu emblema: a revista Barsowia. O mes pasado saíu á rúa o derradeiro número. Ten dúas portadas. Nunha delas, na que o debuxante José Domingo quixo facer metáfora puxilística, Polaqia cae noqueada pero ao mesmo tempo gaña o combate. A victoria non estaba na resolución da pelexa senón no feito de desputala. E na parte superior,...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Logo de dez anos xogando en serio á guerra de universalizar o cómic feito en Galicia, Polaqia esváese. O colectivo, que acubilla a unha das mellores fornadas de debuxantes de banda deseñada da actualidade, bota o peche a final de ano e, con el, evapórase tamén o seu emblema: a revista Barsowia. O mes pasado saíu á rúa o derradeiro número. Ten dúas portadas. Nunha delas, na que o debuxante José Domingo quixo facer metáfora puxilística, Polaqia cae noqueada pero ao mesmo tempo gaña o combate. A victoria non estaba na resolución da pelexa senón no feito de desputala. E na parte superior, o titular: "O derradeiro asalto do campión".

Non hai que politizar o adeus do colectivo. Logo dunha década de autoxestión, non se pode falar, neste caso, de subvencións non concedidas ou de portas de despachos pechadas. Nunca petaron nelas. O caso é que "Polaqia xa non é necesario", comenta o debuxante David Rubín, un dos fundadores do grupo. "A función prevista era a de amosarlle ao mundo os nosos traballos. Ese obxectivo está abofé cumprido; hoxe en día, cáseque todos os membros temos diferentes ofertas editoriais e publicamos as nosas obras en Galicia, España e a nivel internacional". O mesmo pensa José Domingo que cre que Polaqia é coma "un motor dunha lanzadeira espacial que vai desprendéndose da nave unha vez que cumpre co obxectivo de catapultala a unha determinada altura".

O premiado Sergio Covelo, a fichaxe de Marvel Emma Ríos, o prolífico Kike Benlloch, o autor de'A man do diaño Brais Rodríguez ou Álvaro López son outros dos polaqos que cubriron a traxectoria de Barsowia trazo a trazo. Co tempo, e coa complexidade intrínseca que supón manter en pé unha publicación, a revista foi adoitando un perfil de superheroína. Era posible e Polaqia conseguiuno. Ademais, "foi unha oportunidade para moitos autores novos que precisaban publicar os seus traballos por vez primeira", afirma Rubín. Sobreviviu das vendas e os textos estaban escritos en galego: unha miragre recoñecida. Brais Rodríguez asegura que Barsowia axudou a amosar "unha nova cara do tebeo galego nos últimos dez anos, aquí e fóra" e está convencido de que o idioma de ningunha maneira foi unha eiva. "Non publicamos en galego para ter que demostrar nada", sentencia. En Barsowia participaron debuxantes de EE UU, Nova Zelanda, Xapón, Francia ou Venezuela. "O idioma no que se vían publicados nunca foi unha barreira", coincide David Rubín.

O grupo sentiuse arroupado. Sobre todo, e como comenta José Domingo, "pola xente do sector ou con coñecemento de causa". O afeccionado medio, na súa maioría, consume productos mainstream e as publicacións de Polaqia, tanto a revista como os monográficos, son produtos sui generis que precisan dun interese máis específico. Rubín salienta tamén o apoio dos lectores e inclúe no lote aos libreiros galegos. E aínda que nunca houbo rozadela coa axuda institucional, cre preciso lembrar a aposta que fixo por eles o recentemente falecido Benito Losada dende a Casa de Xuventude de Ourense e o portal electrónico do Consello da Cultura.

Barsowia recibiu o premio do Saló del Cómic de Barcelona ao mellor fanzine editado en 2005. A andaina de Polaqia está cuberta de recoñecemento dentro e fóra de Galicia. A fin de Polaqia non é agre, eles non quedan con esa sensación no padal. Máis ben o contrario. "O peche é a consecuencia dun grande triunfo", remata o autor d'O Heróe. Saben que aquel proxecto de hai dez anos xa ten un pé no recordo e iso, como é sabido, é gañar espazo no futuro.

Agora tocan outras cousas. Coinciden en que o peche é definitivo, ninguén volverá a invadir Polaqia. Barsowia queda oficialmente desocupada.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En