Análisis:Luces

"Recolle, depura e innova?"

A necesidade dunha gramática e un dicionario do galego manifestouse desde os inicios do seu cultivo literario. As razóns eran diversas. Os círculos académicos -co príncipe Bonaparte e o diplomata brasileiro Varnhagen á cabeza- requiríanos para estudar cientificamente o galego. Os seus promotores considerábanas imprescindibles para dotalo de regras, unificalo e incrementar. Os escritores que ensaiaban o Rexurdimento literario demandaban orientación e puntos de apoio. É que as dúas ferramentas poden contemplarse desde diversos puntos de vista, xa que deben servir intereses diversos. Teñen unha f...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A necesidade dunha gramática e un dicionario do galego manifestouse desde os inicios do seu cultivo literario. As razóns eran diversas. Os círculos académicos -co príncipe Bonaparte e o diplomata brasileiro Varnhagen á cabeza- requiríanos para estudar cientificamente o galego. Os seus promotores considerábanas imprescindibles para dotalo de regras, unificalo e incrementar. Os escritores que ensaiaban o Rexurdimento literario demandaban orientación e puntos de apoio. É que as dúas ferramentas poden contemplarse desde diversos puntos de vista, xa que deben servir intereses diversos. Teñen unha faceta de pescuda, descrición e inventario que interesa sobre todo á lingüística académica. Outra de códigos normativos que encarreiran e articulan o idioma; o que resulta da maior utilidade para os seus aprendices e usuarios, sobre todo na escrita. E finalmente, fomentan o prestixio do idioma: que lingua de respeito carece de gramática e dicionario como é debido? Mesmamente, sen eles, un idioma merece considerarse unha lingua de verdade?

Por tanto, non é casual que un dos obxectivos fundacionais da Real Academia Galega consistise en "dar unidade ao idioma galego, por medio da publicación dunha gramática e dun dicionario" (1906). Daquela xa levaba décadas impresa unha Gramática galega (1868) moi digna de tal nome, redixida por Saco Arce. Tamén había tempo que circulaba, entre outros, o Diccionario gallego-castellano (1884) de Marcial Valladares. Pero estas obras carecían da autoridade que só podía conferir unha Academia. O lema desta sinala o roteiro: Colligit, expurgat, innovat. O que significa que a RAG estaba chamada a fixar a norma idiomática, pero o certo é que non deu conta do recado. Unicamente foi quen de encetar a publicación por entregas dun Dicionario histórico que se demorou por dúas décadas e non pasou da letra C. Por carencia do respaldo estatal ou privado, a Academia pasou leste (falo en muradán), en canto o país carecía xa non de lingüistas profesionais senón mesmo de amadores cunha mínima preparación.

Esas condicións adversas delongáronse. A Universidade de Santiago non creou unha Sección de Filoloxía ata 1963, ao paso que a Xeración Nós, fértil en prehistoriadores, etnógrafos e literatos, saíu facareña en filólogos. Cando polos anos sesenta a cultura galega comeza a rebulir, despois da brutal malleira franco-falanxista, rexorden as vellas inquedanzas. Ramón Piñeiro pon a traballar a Carballo Calero na Gramática elemental del gallego común (1966), manual de urxencia para atender as clases de galego que o mestre ferrolán estreaba daquela na Minerva compostelá. Pouco despois vén a lume o benemérito Dicionario de Franco Grande (1968), máis manexable ca o Enciclopédico (1958/61) de Eladio Rodríguez, obra de grande empeño que Galaxia conseguira dar ao prelo grazas ao financiamento da Irmandade Galega de Caracas.

Nas últimas décadas, des que a Universidade puxo mans á obra coa creación do Instituto da Lingua Galega (1971) e a partir da implantación das tres titulacións de filoloxía galega, as tornas mudaron. Os estudos lingüísticos inzaron, creáronse ferramentas potentes e publicáronse sólidos manuais e útiles dicionarios de diversos formatos, pensados para distintos públicos. Que necesidade hai, pois, dun dicionario e unha gramática académicos? Acódenme dous argumentos. O primeiro, de tipo normativo: o público segue agardando obras de referencia, co carimbo carismático da RAG. O segundo, de tipo práctico. A Academia conta (debe contar) cos medios para levar a cabo esas tarefas nas debidas condicións: equipos competentes, altamente cualificados, e medios a proporción para producir obras de auténtica referencia.

Iso é o que se agarda: obras de referencia, que ofrezan algo distinto e melloren o que xa existe no mercado. Que amplíen o abano de recursos dispoñibles, axudando a resolver as dúbidas e problemas dos usuarios. No caso da gramática, un tratado exhaustivo, claro e actualizado; no do dicionario, un repertorio amplo que inclúa o vocabulario popular e literario, o léxico do mundo actual e o máis importante das terminoloxías especializadas; que non só explique ben o que significa cada vocábulo senón que dea orientacións sobre como utilizalo. Temos que confiar en que a Academia saberá ofrecer resultados á altura das expectativas creadas, das necesidades do público e dos desafíos que enfronta o idioma. Vaille (e vainos) moito no conto.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En