A VER | Luces

'Pressing catch'

Se a un lle rouban a historia, o relato de si, da súa vida, non é ninguén e non é nada. Se son os demais quen escriben a historia da túa vida, a túa vida non é túa e perténcelles. Por iso un debe dicir quen é un, un debe ser dono do relato e contar a propia vida. Un ten que ser o narrador. Os narradores da vida dun país son os historiadores. Os escritores escriben relatos coa linguaxe mítica, relatan verdades a través de quimeras; os historiadores escriben relatos con linguaxe lóxica, deben usar datos procedentes de fontes limpas para relatar a historia colectiva. A nosa historiografía está mo...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Se a un lle rouban a historia, o relato de si, da súa vida, non é ninguén e non é nada. Se son os demais quen escriben a historia da túa vida, a túa vida non é túa e perténcelles. Por iso un debe dicir quen é un, un debe ser dono do relato e contar a propia vida. Un ten que ser o narrador. Os narradores da vida dun país son os historiadores. Os escritores escriben relatos coa linguaxe mítica, relatan verdades a través de quimeras; os historiadores escriben relatos con linguaxe lóxica, deben usar datos procedentes de fontes limpas para relatar a historia colectiva. A nosa historiografía está moi, moito, por detrás da nosa literatura.

Pensaba nisto en lendo nun cartaz nun muro o anuncio de Pressing catch, que ven sendo unha forma do deporte da loita. E pensaba nisto mesmo tamén en lendo outro día noutro cartaz un anuncio de capoeira. E pensaba aínda nisto mesmo cando ouvín na radio dicir "lucha canaria, que viene de la lucha leonesa". Todo son formas da mesma cousa, o pressing catch é "cachar presionando" ao oponente dentro dunha área, un deporte que hai en todas as culturas de fondo guerreiro. A miña avoa chamaba capoeira a un cesto redondo no que encerraba os pitiños e achegaba logo ao lume do lar para que tivesen a calor que precisaban. Cacheo no dicionario Estraviz en liña e dime que capoeira é unha gaiola ou un sitio para gardar aves; vou ao de Ir indo e este reserva capoeira para unha danza- loita brasileira creada polos escravos e deixa capoeiro para o cestiño da miña avoa Dolores. Con todo, como a forma capoeira tamén está documentada na nosa terra para unha loita dentro dun círculo, hai que concluir que a capoeira que agora se pon de moda desde o Brasil é unha palabra e unha práctica históricamente máis galegas que a pataca, que veu da América.

Cousa que tamén está na orixe da lucha canaria, na que se loita con jeito, vocablo que din leonés, pois estamos no de sempre: na historiografía existente, a castelanista, os galegos só existen nas crónicas dos historiadores árabes medievais e, pola contra, son chamados leoneses, asturianos ou cristianos a partir das crónicas do Tudense e de Ximénez de Rada. A loita política entre o centro de poder compostelán e o toledán dirimiuse en parte na Historia. A Historia é inevitábelmente un instrumento político. E, como a política, haina de todo tipo. Esa batalla política na historiografía perdeuna o Reino da Galiza, triunfou a iconografía que figura nas estatuas diante do Palacio Real de Madrid: os reis godos. Os suevos seique non existiron e logo un continuo de reis chamados casteláns aínda que fosen de orixe galega e falasen galego. Falta por gañar a batalla de recuperarmos unha historia menos falsa e mítica, máis veraz e na que exista o Reino da Galiza e os galegos. Empezou a dar de vez esa batalla Camilo Nogueira no ano 97 en Grial, con Para unha crítica do castelanismo que continuou en O Reino da Galaecia (Edicións Xerais, 2001). Precísanse máis historiadores que anosen a historia, que a volvan ler coa vista desde aquí.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En