Columna

Un tanto por cento de literatura

Algunha cousa boa terá o ser pobre. Ou non. A fartura fainos cómodos e perdemos o afán de coñecer o gusto pola aventura, e sen gusto pola aventura non hai literatura. Un pobre teno todo por gañar e un rico teno todo por perder. Unha literatura próspera ten medo e unha literatura pobre pode ser libre. Se ten forza no espírito.

A literatura en lingua galega ten falta de tradición, dicía aí atrás. Os nosos ascendentes son poucos, porén tampouco non lle bastaron nunca a ningún escritor os antecedentes na súa lingua, por ancha que esa sexa. Dante non sería sen Virxilio, nin Cervantes sen a m...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Algunha cousa boa terá o ser pobre. Ou non. A fartura fainos cómodos e perdemos o afán de coñecer o gusto pola aventura, e sen gusto pola aventura non hai literatura. Un pobre teno todo por gañar e un rico teno todo por perder. Unha literatura próspera ten medo e unha literatura pobre pode ser libre. Se ten forza no espírito.

A literatura en lingua galega ten falta de tradición, dicía aí atrás. Os nosos ascendentes son poucos, porén tampouco non lle bastaron nunca a ningún escritor os antecedentes na súa lingua, por ancha que esa sexa. Dante non sería sen Virxilio, nin Cervantes sen a materia da Bretaña. Ningunha literatura ten unha tradición nacional autosuficiente. Temos a carón e entre nós a literatura en lingua castelá e vemos que tampouco. Qué había ser hoxe dela sen todos os autores e autoras de países americanos. E aínda así, con tantos falantes, fica estreita e insatisfactoria para pensar o mundo contemporáneo. Temos de pensar o noso tempo en galego, mais para iso temos de ler previamente en inglés. E iso é polo seu carácter de lingua mundial. A lingua inglesa hai tempo que xa non é dos ingleses, é de todos, non cabe xa competición ningunha con outra lingua calquera. A nosa conciencia xa é planetaria e as linguas teñen moitos límites nacionais.

E quen mitifica o pasado literario e editorial na nosa lingua debera ter en conta que os rexistros bibliográficos en galego nos últimos 30 anos foron trinta mil e dos centos de anos antes só nos chegan tres mil, tres mil títulos que forman o resto da historia bibliográfica da nosa lingua. Así, o escrito en galego nos últimos 30 anos é o 93,75 %. E como a literatura é unha parte substancial dese volume podemos calcular que a literatura dos últimos 30 anos está ao redor do 90% do conxunto da literatura en lingua galega. Resulta desconcertante e abrumador. Desfai a falsa idea de que a literatura galega é vella, mesmo antiga: é novísima. Evidentemente correspóndese con este periodo histórico de democracia e autogoberno.

E carga sobre as xerazóns de escritores e escritoras vivas unha pesada carga: a nosa tradición prácticamente somos nós e iso obríganos a ser máis abertos, máis atentos ao resto do mundo, ao noso tempo. Non habendo tradición só pode haber presente e quen sabe se futuro.

Por iso a nosa literatura mostra anomalías con respecto ás literaturas normalizadas. Aí está a literatura en castelán onde, como en calquera mercado literario, son comúns os bestsellers. Aínda máis, a literatura de fórmula está a apoderarse da case totalidade do mercado literario. É o caso contrario da nosa. A literatura en galego non ten bestsellers nin pode telos. E se un bestseller internacional é traducido ao galego a penas ten lectores. Polo contrario, a literatura que máis lectores ten entre nosoutros, ou que máis se vende, é a literatura de autor.

A nosa anomalía ten moitas partes malas e tamén ten algo bo: a edición literaria en galego, o público lector, a crítica, son máis esixentes, polo de agora. Tamén é certo que sendo nós tan pouca xente é doado seguir a creación literaria. Mais, quen dicía aquilo de que o pequeno é bonito? (Non se consola quen non quer).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En