Luces

Tres premios internacionais de deseño para Xosé Teiga

O creativo galego Xosé Teiga fíxose con tres premios Design & Design Awards, un dos galardóns máis prestixiosos do mundo. Teiga recibiu o recoñecemento por tres traballos diferentes: a identidade corporativa da libraría Formatos (A Coruña), a súa propia imaxe persoal e unha campaña de autopromoción que o creativo deseñou para si mesmo. "Estes premios son a nivel mundial, con participantes de tódolos países: Estados Unidos, Xapón, Inglaterra... e iso sempre dá prestixio", sinala o creador. Segundo el, o elemento que teñen en común os tres traballos é a "innovación, o intento por crear cousas di...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O creativo galego Xosé Teiga fíxose con tres premios Design & Design Awards, un dos galardóns máis prestixiosos do mundo. Teiga recibiu o recoñecemento por tres traballos diferentes: a identidade corporativa da libraría Formatos (A Coruña), a súa propia imaxe persoal e unha campaña de autopromoción que o creativo deseñou para si mesmo. "Estes premios son a nivel mundial, con participantes de tódolos países: Estados Unidos, Xapón, Inglaterra... e iso sempre dá prestixio", sinala o creador. Segundo el, o elemento que teñen en común os tres traballos é a "innovación, o intento por crear cousas diferentes ó establecido".

Cada día concédese un destes recoñecementos, e os 365 deseños premiados ó longo do ano publícanse no libro Design and Design. Book of the year. Aínda que non existe unha dotación económica, publicar nestas páxinas aumenta a reputación dos autores, segundo explica Teiga.

O deseñador pontevedrés traballa como director creativo no estudo Unlimited Creative Group. Esta empresa coruñesa dedícase ó deseño gráfico e á publicidade, e constitúe un dos referentes neste ámbito en Galicia. Tódolos seus traballos guíanse pola filosofía da creatividade sen límites: "Cando traballabamos en campañas publicitarias tiñamos demasiados límites impostos polas empresas", afirma Teiga. Por iso decidiron romper moldes. Aplican a creatividade e a orixinalidade a tódolos ámbitos, rexeitando calquera tipo de restrición previa. Grazas a iso o estudo converteuse, en palabras do seu director, nunha "boutique do deseño".

Unha longa traxectoria

Logo de estudar Artes Plásticas e Deseño en Santiago de Compostela, Xosé Teiga traballou como creativo e director creativo en varias axencias de publicidade. Participou en talleres de fotografía, deseño e arte con autores da talla de Oliviero Toscani, Isabel Muñoz, Joan Costa ou Tony Cragg. Na súa faceta de artista plástico, o creador galego exhibiu varias das súas obras en exposicións e feiras internacionais como Arco, Art Turín e Art Cologne. E malia a que o Design & Design Awards é o premio máis recente, o seu traballo xa foi recoñecido en ocasións anteriores. O polifacético creador conta no seu haber, entre outros, cos premios de deseño gráfico e comunicación visual Anuaria, Made in Spain, Letra, Laus e Select.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En