A VER | Luces

Intelectuais sen país

Os escritores e intelectuais en xeral son xente da vida pública, cumpren unha función nas sociedades libres, élles o máis natural. Iso é porque forman parte do establishment, forman parte dos poderes instituídos na sociedade, e ocorre desde o século XVIII nas sociedades europeas que se modernizaron.

A Galiza ten intelectuais desde sempre, desde Sarmiento existe esa ollada crítica sobre a sociedade, esa análise dos vicios e o atraso. Mais a nosa non é unha sociedade normalizada e os intelectuais que se crearon e crean dentro están condenados a unha vida absurda, e por tanto dun ce...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Os escritores e intelectuais en xeral son xente da vida pública, cumpren unha función nas sociedades libres, élles o máis natural. Iso é porque forman parte do establishment, forman parte dos poderes instituídos na sociedade, e ocorre desde o século XVIII nas sociedades europeas que se modernizaron.

A Galiza ten intelectuais desde sempre, desde Sarmiento existe esa ollada crítica sobre a sociedade, esa análise dos vicios e o atraso. Mais a nosa non é unha sociedade normalizada e os intelectuais que se crearon e crean dentro están condenados a unha vida absurda, e por tanto dun certo dramatismo: son intelectuais dunha nación que non existe. Foi cambiando o modo no que sobreviviron as xeracións intelectuais mais seguen sen ter un lugar e, así, unha función social clara.

Non hai lugar para os artistas, e a cultura galega segue encerrada nun gueto aparte

Otero Pedrayo, que viviu nunha situación histórica terríbel como foi a guerra e o Réxime, curiosamente encontrou un papel acorde coa súa natureza e tamén útil naquelas circunstancias. Otero conseguiu resistir dun xeito amábel e firme e encarnar o galeguismo para a sociedade, nos últimos anos chegou a ser unha figura pública indiscutida e sen romper nunca co galeguismo político do exilio. Tamén Cunqueiro cumpriu un papel.

Ramón Piñeiro foi un intelectual de vocación política, con todo concibiu un tipo de intelectual que probabelmente acabou encarnando Carlos Casares. A autonomía creou e reforzou as intitucións culturais, e Casares ocupou os lugares institucionais da cultura, na idea de que debían de estar ocupados por un galeguista que garantise a protección da lingua. A sociedade, mentres, seguía o seu curso histórico allea ás cavilacións dos intelectuais galeguistas.

E veu o Prestige e sacudiu a sociedade e revolveuno todo e veu Nunca máis, os artistas e intelectuais tiveron un momento de catarse e de acción. Rompeuse o entendemento entre as institucións culturais e o poder político. Pasou. Veu a Xunta bipartita..., para nada. A situación segue a ser historicamente a mesma, non hai un lugar na sociedade para os artistas e intelectuais. Non existe un espazo cívico galego e a cultura galega segue encerrada nun gueto aparte da sociedade, que continúa o seu devir histórico e celebra unha vez ao ano a liturxia de conmemorar aos intelectuais mortos. Este ano, Piñeiro.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En