Luces

Como en Irlanda

Valente, en Xenebra desde 1958, escolleu Almería en 1986. A primeira homenaxe pensada desde Ourense organizouna en 1990 José Luis López Cid. O seu irmán escritor, Julio, de 84 anos, residente en Ferney-Voltaire, é un dos poucos depositarios vivos da memoria ourensá de Valente. "Aquilo estivo presidido pola ausencia de forzas vivas a petición do poeta", que -en boca da profesora Marifé Santiago Bolaños- "quería recuperar Ourense como cidadán". Na segunda homenaxe, en 1998, chamárono as forzas vivas e acudiu, segue Cid, porque soubo o que pasaba no cemiterio de San Francisco.

"A Otero non...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Valente, en Xenebra desde 1958, escolleu Almería en 1986. A primeira homenaxe pensada desde Ourense organizouna en 1990 José Luis López Cid. O seu irmán escritor, Julio, de 84 anos, residente en Ferney-Voltaire, é un dos poucos depositarios vivos da memoria ourensá de Valente. "Aquilo estivo presidido pola ausencia de forzas vivas a petición do poeta", que -en boca da profesora Marifé Santiago Bolaños- "quería recuperar Ourense como cidadán". Na segunda homenaxe, en 1998, chamárono as forzas vivas e acudiu, segue Cid, porque soubo o que pasaba no cemiterio de San Francisco.

"A Otero non o coñecimos. E Vicente, para nós, era o pai de Antón Risco", sintetiza López Cid, que vén de publicar El río en Duen De Bux. "Valente nunca odiou Galicia, pero fuxiu rápido do clasismo feroz do franquismo. A galeguidade recuperouna fóra". A biblioteca José Ángel Valente -como as de Marrakech e Tombuctú- é unha promesa ourensá do ano 2000.

"Falamos do mellor poeta nacido en Galicia", remarca o xornalista Arturo Lezcano, nos 60 responsable de cultura en La Región. "Non o vai homenaxear a RAG, pero habería que pensar algo. Quen di que Joyce non era irlandés?".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En