INÉDITOS CON FIRMA | Luces

Pola arte

Anido quérete matar.

A min? Pero por que?

Acúsante de obxectivista, e decidiron que hai que levar a loita alén do plano teórico.

Pero que ten de malo o plano teórico?

Pensan que é un territorio esgotado, que agora toca demostrar, digamos, a capacidade de intervención do Signo no Real.

Matándome a min?

Non a ti persoalmente, a ti en canto obxectivista.

Pero se eu son realista-criticista.

Supoño que non teñen en conta revisións tan finas.

Pois deberías falar con eles e explicarlles que non é o mesmo.

El aparenta considerar un ...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Anido quérete matar.

A min? Pero por que?

Acúsante de obxectivista, e decidiron que hai que levar a loita alén do plano teórico.

Pero que ten de malo o plano teórico?

Pensan que é un territorio esgotado, que agora toca demostrar, digamos, a capacidade de intervención do Signo no Real.

Matándome a min?

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Non a ti persoalmente, a ti en canto obxectivista.

Pero se eu son realista-criticista.

Supoño que non teñen en conta revisións tan finas.

Pois deberías falar con eles e explicarlles que non é o mesmo.

El aparenta considerar un pouco esta opción, pero o certo é que non ten ningunha intención de interceder por min. Pídocho por favor, Durán.

Está ben, mirarei o que se pode facer, pero xa che advirto que cos Cisnes Asasinos non hai moito que falar: están armados e decididos.

Pero non eran os Cisnes Virulentos?

En efecto, ese era o seu antigo nome, pro acaban de refundarse.

Quedo un cacho pensativo. Terei que falar coa policía.

Non che valerá de moito: están infiltrados polos venecianistas.

Os venecianistas na policía?

O outro asinte coa cabeza.

Pero iso é imposible, se alí non len máis que a sección de deportes, e só os luns.

Podo asegurarche que a miña información é fidedigna. Non a tropa; os altos mandos da policía son todos cripto-esteticistas.

Deus, isto é inverosímil... E por que van empezar por min precisamente?

Sobre esa cuestión non podo dicirche nada con seguridade. A xeito de hipótese, eu diría que é porque es o que vive máis cerca.

E non podo retractarme?

Home, non sei, non creo que teñan prevista esa posibilidade.

Pois vai e dilles que me retracto.

Home, Solovio, non sexas covarde.

Que covarde nin que hostias, non penso deixarme matar pola poética.

Pero se ti te facías chamar Sholojov ultimamente, Solovio, lembra.

O carallo, Durán, vai alí e dilles que paso do significado.

Estás disposto a renunciar aos teus principios?

Pois claro.

Ben, en fin, falarei con eles. Espero que non sexa demasiado tarde. De todas formas, o mellor que podes facer polo de agora é agocharte.

Penso sobre a cuestión uns intres: nesta maldita cidade tan pequerrecha non hai forma de atopar un escondite seguro... Ah! pero claro, está tamén a Catedral, alí non se atreverán a facer nada, os esteticistas son moi supersticiosos no fondo.

E pensar que todo isto é resultado da miña burla pública. É dicir, vertida en diversos foros da Rede, e sempre baixo o nick de Sholojov, ao programa ou manifesto que os entón Cisnes Virulentos, actuais Cisnes Asasinos, enunciaran debería haber uns dez meses. O seu manifesto chamárase Aínda Máis Alá e nel proclamábase, entre outros, a necesidade de deixar atrás dunha vez a, por eles chamada, Estética de Liberación Nacional, nun proceso de depuración que culminaba nunha especie de lei de combinatoria fónico-cromática, moi probablemente expropiada dalgunha páxina menor do Mallarmé. Abundaban rexamente as acusacións de utilitarismo, e propuñan a definitiva desaparición dos mapas da escritura galega das palabras nós, terra, mañá e urces irtas. Foi precisamente neste catálogo incompleto e arbitrario onde centrei eu parte da miña rexouba, como se verá completamente inocua, ao presentar unha lista alternativa de palabras a extinguir na que constaban: vós, brétema, flor e pasado mañá. Tamén fixen público, na Rede, unha especie de contra-manifesto co título de Tradición ou Traizón, no que en realidade pretendía unha revisión irónica desas prácticas dualistas e inquisitoriais, que non deixan lugar, ao fin, para moito máis que unha escolla idiota de bando. Está claro que o meu suposto ton irónico e desdramatizador pasou completamente inadvertido para estes Cisnes Virulentos, que agora saen en tromba da súa habitual torre de marfil fortemente armados, á caza e captura senón do Real, dos realistas polo menos.

Xa na Catedral, e despois de mirar un anaco o Botafumeiro, penso que a literatura aseméllase tamén a un inmenso frasco de colonia pendurando do teito, aínda que poida caer, ás veces, e matar alguén.

Archivado En