Luces

Revelando realidades

Se hai ocasións nas que as imaxes inflúen máis que unha chea de discursos, unha delas foi a exposición Non máis mortes no mar. Educar para medrar, o febreiro pasado. O galego Gabriel Tizón e o arxentino Juan Medina, convocados pola ONG Atamán mostraron na Universidade de Guinea Bissau unha ampla serie de fotos de todo o arriscado traxecto de inmigración a Europa. Desde a partida dos caiucos á súa chegada -ou non- ás costas europeas, os centros de internamento... A maiores da exposición plana sobre a aventura dos caiucos. Os organizadores facían proxeccións e charlas con mostras da pobre...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Se hai ocasións nas que as imaxes inflúen máis que unha chea de discursos, unha delas foi a exposición Non máis mortes no mar. Educar para medrar, o febreiro pasado. O galego Gabriel Tizón e o arxentino Juan Medina, convocados pola ONG Atamán mostraron na Universidade de Guinea Bissau unha ampla serie de fotos de todo o arriscado traxecto de inmigración a Europa. Desde a partida dos caiucos á súa chegada -ou non- ás costas europeas, os centros de internamento... A maiores da exposición plana sobre a aventura dos caiucos. Os organizadores facían proxeccións e charlas con mostras da pobreza existente en varios países europeos, de España a Holanda ou a Bélxica.

Despois dos acordos do Goberno español cos de Mauritania e Senegal para o control das costas respectivas, os puntos de partida desprazáronse máis ó sur, á ex colonia portuguesa. "Eles pensan que todos os que saen, despois de empeñarse eles e as familias de por vida, chegan a un terra de ouro e mel, e tratábase de que viran que non era precisamente así", afirma Tizón, que recorda emocionado "xente que choraba ao ver as imaxes, que nin imaxinaban que pasaran esas cousas, porque as mafias píntanlles as cousas de cor de rosa para sacarlles os 5.000 euros que cobran por cada unha das viaxe. Houbo quen me dixo que tiña intención de marcharse pero que non o ía facer despois de ver aquilo, a vida real".

Gabriel Tizón repetirá en breve a experiencia, titulada agora Soños e mentiras, en solitario e itinerando durante un mes polas oito rexións de Guinea-Bissau. Tamén impartirá un obradoiro rápido para guineanos que emigran a Europa, "para que fagan as súas fotografías e cando volvan se vexa a diferenza de percepción entre as súas miradas e a nosa".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En