Reportaje:Luces

O pintor que morreu de pé

O 50º aniversario do pasamento de Carlos Maside reaviva o seu legado

Nas listas de grandes artistas galegos que tiveron unha influenza posterior singular acostuma a faltar case sempre o nome de Carlos Maside (1897-1958), o pintor nacido en Pontecesures que tivo unha traxectoria singular e que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores. "Non hai dubida algunha de que Carlos Maside é a figura emblemática e renovadora da arte galega na etapa da República", sinala a catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Santiago, María Luísa Sobrino.

Malia a súa indudable importancia no panorama da arte galega contem...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Nas listas de grandes artistas galegos que tiveron unha influenza posterior singular acostuma a faltar case sempre o nome de Carlos Maside (1897-1958), o pintor nacido en Pontecesures que tivo unha traxectoria singular e que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores. "Non hai dubida algunha de que Carlos Maside é a figura emblemática e renovadora da arte galega na etapa da República", sinala a catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Santiago, María Luísa Sobrino.

Malia a súa indudable importancia no panorama da arte galega contemporánea, sorprende que a conmemoración dos 50 anos da súa morte non se vexa acompañada pola organización de exposicións ou homenaxes para dar a coñecer a súa obra. Quizais un dos factores que poidan explicar isto sexa a súa propia condición de artista e intelectual que nunca se ocupou de vender as súas obras e que tampoco se amosou interesado na parte frívola da vida artística. "Non era un bohemio. Era un home excesivamente serio en todo o que facía e que na súa vida persoal se caracterizaba pola sobriedade", explica Xulio Maside, sobriño do pintor que conviviu varios anos xunto ao seu tío, e que lembra que unha das súas obsesións foi a de facilitar que a arte galega poidera incorporarse ao movemento de renovación que xa percorrera toda Europa. A estadía de Maside en París, onde viviu cunha bolsa concedida pola Deputación de Pontevedra, foi decisiva para que tivese a oportunidade de coñecer de preto as vangardas abstractas e figurativas e as diversas liñas de pensamento ideolóxico xurdidas durante o período de entreguerras.

"Non era un bohemio. Era un home excesivamente serio"
"Morreu sen ceder nas súas posturas intelectuais en ningún momento"

Antes da súa viaxe á capital francesa, Maside viviu en Madrid, onde se desprazou para realizar o servizo militar, e alí entrou en contacto co ambiente dos debuxantes gráficos, unha actividade á que se dedicou cando volveu a Galicia. Sobrino destaca que Maside foi sobre todo "un gran debuxante" que seguiu os pasos de Castelao, pero cun ton moito máis crítico. "Publica tanto en xornais galegos coma madrileños e faino con debuxos moi críticos coa dictadura de Primo de Rivera".

A faceta política é unha das claves para entender a figura de Maside. O seu compromiso coa II República era total e tiña a ilusión de que Galicia e España non desaproveitaran a oportunidade de se incorporar á Europa democrática. "Sempre dicía que a República Española era a revolución intelectual e social máis importante de Europa naquel momento", explica Xulio Maside, quen destaca tamén o feito de que ao seu tío lle interesaban as cuestións máis diversas, dende a política ata a arte pasando pola literatura e a filosofía.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A outra obsesión na vida de Maside foi Galicia. "A súa obra trata de sentar as bases da pintura galega e faino tomando elementos da pintura internacional para representar paixases e xentes da nosa cultura", explica María Luísa Sobrino, quen destaca tamén o carácter "meditado e autorreflexivo" da súa pintura. Xulio Maside coincide en sinalar que a súa obra ten unha base intelectual moi forte. "Era un pintor moi crítico coa sua obra e coa dos demáis", engade Xulio Maside.

Despois da Guerra Civil, Maside opta por unha sorte de exilio interior e emprende a loita contra o franquismo dun xeito moi particular. Segue a pintar nos seus cadros unha Galicia que se aparta do costumbrismo e está en contacto permantente cos artistas galegos que optan por exiliarse en Latinoamérica, especialmente con Luís Seoane co que mantivo unha correspondencia moi intensa na que aparecen as limitacións espirituais e materiais do franquismo. Vive a meirande parte do tempo na súa casa-estudio da rúa do Vilar en Santiago, aínda que tamén pasa tempadas en Vigo.

En Santiago recibe a moitos mozos que amosan interese pola súa figura e aos que lles fala sobre a historia recente e reivindica a figuras que naquel momento son pouco populares coma Rafael Dieste, Luís Seoane, Federico García Lorca, Rafael Alberti ou Miguel Hernández. Tamén neses anos acode á histórica Peña do Español, á que asisten con regularidade xente coma Otero Pedrayo, García Sabell, Ramón Piñeiro, Borobó ou Aquilino Iglesias.

Xulio Maside sinala que o seu tío soubo vivir "con moita dignidade" o seu exilio interior. "Morreu sen ceder nas súas posturas intelectuais en ningún momento, pese ao risco que chegou a correr a súa integridade", explica o seu sobriño.

"Sempre foi un investigador"

Outra das figuras sobranceiras da arte galega de posguerra, Isaac Díaz Pardo, apunta que unha das razóns da escasa notoriedade que ten a figura de Carlos Maside na súa propia terra pode estar en que "somos un país moi dado ao silencio cómplice". Sobre o pintor de Pontecesures, Díaz Pardo destaca que foi un investigador durante toda a súa vida. "Maside foi un home que non se dedicaba a cambiar cadros senón a estudiar e investigar filosoficamente", indica Díaz Pardo.

A meirande parte das obras de Maside poden verse na actualidade no museo que leva o seu nome en Sada e no Quiñones de León de Vigo. Díaz Pardo lembra como foi o propio Luís Seoane quen se empeñou en que o museo que reúne a obra de destacados pintores galegos do século XX levase o nome de Maside. Unha das cousas que chaman a atención é a escasa bibliografía dispoñible sobre un intelectual e artista da súa importancia. Un dos libros que se van reeditar é a obra de María Esther Rodríguez sobre a visión que tiña Maside da II República.

Archivado En