Análisis:PSICOFONÍAS

Consume música popular

Ao mellor, aínda o lembran os máis vellos do lugar: eu fun profesional da música popular alá pola década dos 80 e os primeiros 90 do século pasado. Enténdase por música popular, o rock, o pop, o rap e mailo hip hop e o folk (non sei se os do jazz sentíanse incluídos nesta categoría). Nos anos 60 chamábanlle a aquilo música lixeira.

O caso é que nos 80 a novidade que supoñan os grupos de pop rock que non cantabamos en inglés e a asiduidade cos que os recentes, daquela, democratizados concellos organizaban concertos gratuítos fixo posible a nosa non buscada profesionalización. A mi...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Ao mellor, aínda o lembran os máis vellos do lugar: eu fun profesional da música popular alá pola década dos 80 e os primeiros 90 do século pasado. Enténdase por música popular, o rock, o pop, o rap e mailo hip hop e o folk (non sei se os do jazz sentíanse incluídos nesta categoría). Nos anos 60 chamábanlle a aquilo música lixeira.

O caso é que nos 80 a novidade que supoñan os grupos de pop rock que non cantabamos en inglés e a asiduidade cos que os recentes, daquela, democratizados concellos organizaban concertos gratuítos fixo posible a nosa non buscada profesionalización. A miña primeira impresión profesional foi decatarme que no medio daquela festa de vatios, de luces e son e de xente divertíndose, o micrófono gañaba máis ca min. Refírome a que grande parte do caché do grupo servía para pagar infraestruturas de luz e son, dietas e transportes. Non tardaron demasiado os políticos municipais en detectar que as multitudes que enchían os concertos non eran votantes clientelares e sumisos, senón espíritos libres que gozaban co que se entendía como cobertura institucional do lecer de moitos.

Cos 90 comezaron a cambiar as cousas. O esnobismo dos músicos perante a baixa da contratación municipal manifestaba que preferiamos o contacto cara a cara co público en pequenos clubes. Confeso que o disfrute da música en directo non garante a mellor calidade artística. Lembro os infernais ecos dos pavillóns polideportivos ou a ortopedia á que obrigan os concertos en clubes ananos. Por iso, fóra dos concertos en teatros (que si garanten unhas magníficas condicións acústicas pero co tributo de non poder fumar nin bailar) alegreime moito cando comezou a moda dos festivais porque devolvían a música popular ao seu contexto máis xenuíno: a festa e a diversidade. Con todo, a pesar de participar e disfrutar nos primeiros Espárrago Rock, Festimad ou Doctor Music, por outras razóns, retireime da música profesional coa paradoxal constatación de que aos do "micro" engadíanse agora, como os que máis gañaban co novo modelo de negocio, os dos WCs químicos, imprescindibles en calquera macro evento. Aínda así, ese efecto multiplicador do negocio da música segue sendo outra moi boa razón para que gocemos da festa e da diversidade cultural.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En