Reportaje:15 ANOS DO PRIMEIRO CENTRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA | Luces

O CGAC entra na madurez

A celebración dos primeros quince anos de vida do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) semellan unha boa oportunidade para tratar de obter algunhas conclusións sobre o funcionamento dunha institución que, malia a súa xuventude, converteuse nunha referencia para medir o estado da creación artística en Galicia e a súa capacidade para facerse visible no exterior. Nos vindeiros anos o centro de referencia na arte galega entra na madurez e está chamado a seguir representando un papel central.

Nestes anos o centro cumpriu a doble función de ofrecer ao público galego a oportunidade de c...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

A celebración dos primeros quince anos de vida do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) semellan unha boa oportunidade para tratar de obter algunhas conclusións sobre o funcionamento dunha institución que, malia a súa xuventude, converteuse nunha referencia para medir o estado da creación artística en Galicia e a súa capacidade para facerse visible no exterior. Nos vindeiros anos o centro de referencia na arte galega entra na madurez e está chamado a seguir representando un papel central.

A biografía do centro está moi vencellada aos seus directores Moitos piden un debate para reducir a dependencia do poder políticio

Nestes anos o centro cumpriu a doble función de ofrecer ao público galego a oportunidade de coñecer a grandes artistas internacionais que nunca chegarán a Galicia e, ademáis, permitiu a destacados creadores galegos presentar o seu traballo nun espazo que pouco a pouco fixose cun lugar de privilexio entre a multitude de centros de arte que agromaron en toda España na segunda metade dos 90.

Alén da súa condición de centro de arte, o CGAC actuou ao longo da súa existencia coma un potente elemento de dinamización cultural. Destacados profesionais do mundo da arte pasaron por este centro e, posteriormente, chegaron a dirixir outras institucións ou a converterse en comisarios ou críticos. A actividade desenvolvida polo museo facilitou o xurdimento de publicacións dedicadas ao mundo da arte e a chegada de artistas de talla mundial permitiu a organización de actividades paralelas que facilitaron avanzar na formación de persoal relacionado co mundo da arte.

A biografía do centro está moi vencellada á personalidade dos tres directores (catro se se conta a Antón Pulido nos seus albores) que tivo nestes anos. Cada un deles puxo en marcha unha programación diferente e deixou a súa pegada. Ademais eles mesmos actuaron de comisarios en moitas exposicións. Os tres anos que Gloria Moure dirixiu o CGAC son lembrados hoxe en dia por moitos coma a etapa dourada do centro. Hai que ter en conta que se partía de cero e que a chegada a Santiago de grandes figuras da arte internacional coma Giovanni Anselmo, Medardo Rosso, Juan Muñoz ou Anish Kapoor foron acollidas con entusiasmo por público e crítica. Ao mesmo tempo, os galegos Antón Lamazares, Leopoldo Nóvoa ou Antón Patiño tiveron a oportunidade de expoñer a súa obra nun gran centro galego que levaba a prestixiosa sinatura de Alvaro Siza.

O soño rematou nos primeiros días de febreiro de 1998 cando Moure caeu destituida de xeito fulminante. Un excesivo personalismo na dirección do centro foi a razón aducida aínda que sempre flotou a sombra de que o seu éxito non era ben visto por algúns membros do Goberno de entón. Un grupo de artistas e intelectuais asinou un manifesto contra a destitución da directora. Moure non quere xulgar o que pasou no CGAC en etapas posteriores, pero considera que unha das funcións fundamentais dun centro destas características é a de "activar o pensamento" sobre todo "na época de cambios constantes na que nos atopamos".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

A ex directora considera "vital" que o centro poida manterse a marxe da política e apunta que a independencia depende máis das cuestións económicas que do mecanismo para a elección do director. "Sobre a miña etapa coma directora do CGAC quedo co feito de ter posto en marcha un proxecto que soubo involucrarse co lugar no que se asentaba e que contou coa colaboración activa dos intelectuais galegos", sinala a ex directora.

O posto de Moure foi ocupado por Miguel Fernández-Cid quen mantivo a liña de combinar exposicións de artistas internacionais de referencia coas de grandes creadores galegos. Ademais, apostou por realizar coidados catálogos das mostras que se programaban no centro para que serviran como carta de presentación do CGAC no circuito artístico internacional. Fernández-Cid, que dirixiu o centro entre 1998 e 2005, salienta o apoio prestado ao proxecto por políticos coma Manuel Fraga e Xerardo Estévez, nun momento no que "existían moitos receos e bastante desidia". Ao seu xuízo, os cambios que se produciron no panorama artístico galego son "sorprendentes" aínda que "hoxe existen outros problemas aos que urxe dar solución".

A saída de Fernández-Cid tralo cambio político na Xunta facilitou a chegada do actual director, Manuel Olveira, que iniciou unha nova etapa cunhas ideas moi diferentes ás do seu antecesor. Olveira concede moita importancia ao proxecto expositivo e non ten especial interese en traer a grandes figuras internacionais ao centro. O CGAC é agora un museo que semella estar máis ocupado en facilitar a realización de iniciativas dentro e fóra da súa sede e na proxección exterior dos artistas galegos. A colección do centro cobra cada vez máis importancia e neste ano duplicouse a cantidade que ata o de agora se investía nela para superar os 600.000 euros. Hai algúns días, Olveira presentou un acordo para depositar no centro parte dunha das coleccións privadas de fotografía máis importantes de Europa, a Ordóñez-Falcón.

Máis alá das distintas opinións que existen sobre o traballo desenvolvido por cada un dos directores, semella necesario abrir un debate sobre a conveniencia de que existan mecanismos que faciliten unha menor dependencia da dirección do centro do poder político. A crítica de arte Natalia Poncela apunta a posibilidade de que se cree un consello regulador que poida aportar algúns criterios sobre a programación do centro, de xeito que esta non dependa exclusivamente da dirección. "Este consello podería actuar nunha liña semellante á do British Council", engade. Outra das posibilidades é a de que o nomeamento do director se realice mediante concurso, unha fórmula que xa se puxo en marcha en centros coma o Reina Sofia, ou a través dun proceso de selección coma o que tivo lugar no Marco de Vigo.

O modelo de funcionamento do CGAC nos vindeiros anos terá que adaptarse a un panorama museístico moi distinto ao que había tempo atrás. Agora existen centros de arte contemporáneo en case todas as comunidades autónomas e algúns, coma o MUSAC de León, contan con presupostos millonarios e poden atraer a grandes figuras. Mesmo en Galicia cada vez hai máis oferta expositiva coa aparición de novos museos coma o Marco e coa aposta pola arte contemporánea de institucións coma as fundacións Caixa Galicia e Pedro Barrié de la Maza ou Unión Fenosa.

Neste contexto, o crítico e comisario Xosé Manuel Lens sinala que o CGAC ten que servir de plataforma da creación última que se fai en Galicia "sempre nun diálogo con outras institucións e axentes". Ademais, apunta que a presentación do centro no mapa estatal e internacional ten que seguir sendo "unha das súas principais metas". Outro dos retos que aparecen no horizonte é a relación que pode establecerse entre o CGAC e o novo centro de arte internacional que se vai a instalar na Cidade da Cultura. Natalia Poncela explica que poden existir dificultades presupostarias para atender a dous centros ubicados na mesma cidade e que dependerán da Consellería de Cultura. "A súa aparición pode implicar que se replantee o papel que xoga o CGAC", sinala a crítica.

Mentras chegan as respostas a estes interrogantes, o centro celebra o seu aniversario por todo o alto durante este fin de semana cun feixe de actividades. Hoxe mesmo ábrese a mostra Situación na que seis artistas galegos presentan pezas nas que afrontan cuestións sobre o lugar que ocupan na sociedade os centros coma o CGAC. As actuacións musicais do grupo londinense The Tiger Lillies e do DJ galego Ernesto Gómez completarán a xornada festiva de hoxe, que se prolongará ata o domingo con obradoiros, concertos e outras actividades.

Un de las salas de exposición del CGAC.ANXO IGLESIAS

Archivado En