Concertos de homenaxe
Trala estrea do ciclo onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a homenaxe a Macías ten hoxe como escenario o Salón Teatro de Santiago e mañá concluirá no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A actualización do herdo musical de Macías correspóndelle ao colectivo portugués Miso Music, depositario do traballo do compositor vigués. A asociación creou o grupo Sond'Arte Ensemble Music que, baixo a dirección artística de quen foi o enxeñeiro de son de Macías, o compositor luso Miguel Azguime, conxuga tecnoloxía electrónica con instrumentos acústicos. O programa está integrado pol...
Trala estrea do ciclo onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a homenaxe a Macías ten hoxe como escenario o Salón Teatro de Santiago e mañá concluirá no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A actualización do herdo musical de Macías correspóndelle ao colectivo portugués Miso Music, depositario do traballo do compositor vigués. A asociación creou o grupo Sond'Arte Ensemble Music que, baixo a dirección artística de quen foi o enxeñeiro de son de Macías, o compositor luso Miguel Azguime, conxuga tecnoloxía electrónica con instrumentos acústicos. O programa está integrado polas obras Adhuc (1993) para ensemble e electrónica, Cadencias e interludios/Percurso I (1989-1992) para piano e electrónica e Itinerario de luz (1995). A actuación péchase coa composición Derrière son double, de Azguime.
Os concertos darán comezo ás 20.30 horas e a entrada é gratuíta. A iniciativa da Consellería de Cultura, en colaboración cos concellos, forma parte do ciclo As nosas músicas, os nosos sons, coa que se pretende dar a coñecer o legado dos compositores galegos contemporáneos. Dáse a casualidade de que neste 2008 se cumpre medio século do nacemento de dous deles, Macías e Manuel Balboa.
"A xente debe saber que en Alemaña ou en Islandia escóitase a Macías con máis frecuencia", sinala Relova. Para Bragado, a iniciativa debe ser o primeiro paso para rescatar do esquecemento a Macías. No blog do editor é posible consultar un catálogo de obras, arredor de 30, do que o propio Macías fixo desaparecer composicións de principios dos 80. Un material difícil de atopar que segue tendo valía para investigadores como Carlos Villar, que prepara unha monografía.