PSICOFONÍAS

Deixa que o viño fale en galego

Encabezo este escrito con ese poético principio de deixar que fale o viño e que parece revivir a voz sabia de Álvaro Cunqueir,o a quen debemos o pragmatismo de practicar o máis fermoso realismo máxico na nosa lingua. Porque moito hai de poesía e tamén de pragmatismo nesa fantástica campaña a prol do etiquetado en galego dos viños do país e que promoven a heroica Asociación De Funcionarios Pola Normalizacón Lingüística, a Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Política Lingúística.

"Hai que ser nacionalista en todo menos en viños", diciame, con ironía intelixente, o me...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Encabezo este escrito con ese poético principio de deixar que fale o viño e que parece revivir a voz sabia de Álvaro Cunqueir,o a quen debemos o pragmatismo de practicar o máis fermoso realismo máxico na nosa lingua. Porque moito hai de poesía e tamén de pragmatismo nesa fantástica campaña a prol do etiquetado en galego dos viños do país e que promoven a heroica Asociación De Funcionarios Pola Normalizacón Lingüística, a Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Política Lingúística.

"Hai que ser nacionalista en todo menos en viños", diciame, con ironía intelixente, o meu mestre Xosé Luís Méndez Ferrín alá polo 1973. A realidade das adegas galegas e o seu extraordinario desenvolvemento nos últimos anos concitan todo o sentido do manifesto da campaña e nas sinaturas de apoio acada especial valor para min a presenza de Méndez Ferrín, que rectifica, non porque estivese equivocado, senón pola notoria evolución e modernización da nosa viticultura.

"Hai que ser nacionalista en todo menos en viños", diciame o meu mestre Méndez Ferrín

O viño intervén directamente na nosa fantasía existencial. Para galegos e galegas está sendo todo un avance na nosa autoestima o alto nivel de calidade dos nosos viños. Dereito temos a que nolos etiqueten na lingua propia. E a nosa autoestima forma parte do mellor marketing, e non só aquí.

Non se me negará que do atavismo e do sano esnobismo de beber viños bos forma parte ese acto sensual de agarimar na mesa o viño francés ou alemán que certifican o idioma do seu etiquetado e que nos perderíamos se se exportase con etiquetas traducidas. Os bebedores internacionais de viño tamén teñen dereito a saborear o noso viño na lingua da súa versíón orixinal.

Os bos viños de Galicia e o seu proceso de elaboración nas últimas dúas décadas son a mellor metáfora da Galicia que queremos. O viño, consumido con sensatez, activa o mellor de nós mesmos, e diso forma parte a identificación en positivo co propio. Que o mundo enteiro navegue en viños de Galicia e que saiban todos polo mundo adiante quen somos e onde estamos. Xénero humano, bebamos en galego.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En