BOTELLA AO MAR | Luces

Humanos sós, namorados e 'pijos'

XA FALAS SÓ! Seique estás tolo!

Non tal, falo en alto con ninguén máis, mais non estou só. Falo en alto porque estou comigo, máis que nunca.

A VER UN FILME, a acción transcorre entre os séculos XIX e XX. No interior dunha casa, hai reloxios, caixas de música...Trebellos que pautan o silencio, que o enchen...Elementos mecánicos para domesticar a vida. Tamén eles, coma nós, escapaban do silencio.

OS HUMANOS CREAMOS INTERIORES, a salvo da intemperie. E dos ruidos e do silencio do mundo, creamos unha atmósfera interior. E logo, a que nos encerramos nunha casa, atopámonos co si...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

XA FALAS SÓ! Seique estás tolo!

Non tal, falo en alto con ninguén máis, mais non estou só. Falo en alto porque estou comigo, máis que nunca.

A VER UN FILME, a acción transcorre entre os séculos XIX e XX. No interior dunha casa, hai reloxios, caixas de música...Trebellos que pautan o silencio, que o enchen...Elementos mecánicos para domesticar a vida. Tamén eles, coma nós, escapaban do silencio.

OS HUMANOS CREAMOS INTERIORES, a salvo da intemperie. E dos ruidos e do silencio do mundo, creamos unha atmósfera interior. E logo, a que nos encerramos nunha casa, atopámonos co silencio que había dentro.

Entón é cando empezamos a armar aparellos que fagan ruidos.

O NAMORAMENTO É POSÍBEL PORQUE a reencarnación é real. O namoramento é o reencontro co preexistente e xa coñecido, co xa vivido, con alguén a quen se amou nunha vida anterior, nunha das vidas anteriores. É a alegría do reencontro. De reencontrarse coa propia vida. Con un propio. Namorámonos de nós propios.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

NAMORAMENTOS A TRAVÉS DA INTERNET: a xente namórase do software do outro.

Se cadra debía ser sempre así. Sen verse mutuamente o hardware. Somos almas encerradas e ás veces hai que poder saír de si, do corpo (O corpo é o si).

HAI DOUS MODOS DE ESTAR NA VIDA, vivir como un impostor (para prosperar). Ou limitarse a ser un mesmo.

RAY BRADBURY, se non é un xenio daquela que é? Un tolo? O tolo máis lindo.

O chill out está inventado hai tempo. A bossa nova naceu así, música delicada para pijos.

NON TEMOS PIJO EN GALEGO, carecemos da palabra equivalente. Eis, nesa falta, todo o noso drama nacional e lingüístico. A nosa debilidade o noso problema.

Temos que crear pijos galegos. E logo xa veremos como hai que lles chamar.

NUN BAR PARA PIJOS, nun lounge, a beber un dry martini.

E, olla, tampouco non se está tan mal (quen fora pijo).

"I'M THE OCEAN", canta Neil Young acompañado dos Pearl Jam . É o título máis poético. O mesmo eterno desexo, disolverse no océano. No mundo. Disolverse.

"HORRIBLE ATLÁNTICO", así escribe Saul Bellow no seu romance Humboldt's gift. Unhas páxinas adiante volve escribir "sombrío Atlántico". Nunca vira antes o noso océano dun modo tan tétrico. Debe ser certo tamén.

Archivado En