Reportaje:DO TRINQUE | LUCES

Debús, manuais e ocos

Beramendi, Teresa Moure, Auster, Katáiev ou o rescatado Neira Vilas, entre as novidades editoriais de setembro

O baleiro do estío non o amolecen as feiras do libro que riscan o país. Mais Ferrín e outras historias (Do Castro), de Santiago Lamas, ou A autopsia da novela (Duen de Books), debú de Juan Tallón, debían ser libros recorrentes despois das vacacións, cando as editoriais preparan o outono.

As principais novidades deste mes abranguen narrativa e ensaio. Xerais lanzou nos últimos días De provincia a nación: Historia do galeguismo político, de Beramendi, que superará a nacenza convertido en manual de referencia; O misterio de Carlos G. Reigosa. Conversas, do xorna...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

O baleiro do estío non o amolecen as feiras do libro que riscan o país. Mais Ferrín e outras historias (Do Castro), de Santiago Lamas, ou A autopsia da novela (Duen de Books), debú de Juan Tallón, debían ser libros recorrentes despois das vacacións, cando as editoriais preparan o outono.

As principais novidades deste mes abranguen narrativa e ensaio. Xerais lanzou nos últimos días De provincia a nación: Historia do galeguismo político, de Beramendi, que superará a nacenza convertido en manual de referencia; O misterio de Carlos G. Reigosa. Conversas, do xornalista ourensán Xosé Manual del Caño, confesor plural (de Ferrín a Tovar), e Conversas con Darío Xohán Cabana, estas trazadas por Iago Rodríguez e J. L. Calvo.

Outras novidades, na colección Abismos, estarán nas librarías nos vindeiros días. Aquel lugar e Vidas post-it son, respectivamente, os debús literarios de Antía Nara (1974) e Iolanda Zúñiga (1975). A primeira, anunciada como novela iniciática, mestura espazos de Paquistán e Galiza. (Nara especializouse en países de Asia do Sur en Nova Delhi). Os microrrelatos de Zúñiga, deixando á parte cuestións de militancia e necesidade de narrativa ultracurta, publicítanse como fragmentos redactados "nos entreactos da cordura", mentres a autora viaxaba e lle roubaba tempo aos traballos temporais.

Pronto sairán tamén Arredor do mundo, unha escolma de artigos de Neira Vilas; a nouvelle de Teresa Moure A casa dos lucarios e O Reino en perigo, terceira parte da serie de Herbie Brennan, iniciada na colección Fóra de Xogo con O portal dos elfos. Antes de que remate o mes, Xerais programou a publicación de O señor Lugrís e a negra sombra, unha viaxe arredor da figura de Urbano Lugrís, de Luís Rei Núñez; Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, de Méndez Ferrín, que explora os antropónimos galegos máis alá do ámbito académico, e A lúa dos Everglades, a novela da emigración de Xosé Manuel Marcos.

En Galaxia están dispoñibles desde comezos do mes Días do final, o segundo experimento narrativo do poeta Manuel Pereira, despois de Traxectos curtos. Aquí novela os derradeiros días entre pai e fillo, nunha "morte en primeiro plano" gravada na memoria de 1994. E tamén Psicopatoloxía do retorno, dos psiquiatras Alexandre García Caballero e Ramón Area Carracedo. O ensaio, premiado co Ramón Piñeiro do ano pasado, válese do traballo de campo cos emigrantes galegos de volta da diáspora para reflexionar sobre a ausencia de remedios paliativos para o desarraigo, tamén desde o punto de vista institucional. Xa está aí tamén A vida interior de Martin Frost, o guión da película de Paul Auster, máis avanzado en galego ca en castelán, que adxunta unha entrevista co autor d'A música do azar. Paralelamente, na colección infantil Árbore han saír Os seres con raíces na cara (An Alfaya), O reino ideal (Miguel Anxo Mouriño) e Piratas, bruxas e outros amigos (Daniel Ameixeiro). A comezos de outubro estarán nos andeis, entroutros, Camposanto, de W. G. Sebald, na versión de Catuxa López, ou Vigo, a demorada poesía nova de Helena de Carlos.

Do Castro preparou O filibusteiro do mar da Marola, de Antonio Cordero, gañador do premio Estomela de teatro infantil. Na colección Biblioteca do Exilio, en castelán, Descansar en la frontera: poesía en el exilio, de Arturo Serrano Plaja, un dos fundadores da Alianza de Intelectuais para a Defensa da Cultura. En Sotelo Blanco saíu Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez, 18 relatos de emigración, melancolía e "naufraxio dos soños".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Laiovento tamén entrega novidades: Crio-Xénese, de Afonso Becerra, e Fíos de contas, de Paula San Vicente, premio Carvalho Calero de Creación Literaria. Entre os títulos que sairán máis adiante destaca Dos signos de Stendhal aos imaxinarios de Musil. As matemáticas da literatura, de Xenaro García Suárez.

Tamén prepara o outono Rinoceronte Editora. A editorial que dirixe Moisés Barcia distribuirá en breve O muiñeiro ouveador, segundo título en catálogo de Arto Pasilina, e un rescate de vangarda: O desfalco, a novela satírica que publicou Katáiev en 1925. O autor, ao primeiro perxudicado polas honras estalinistas, conta a historia de como un contable e un caixeiro deciden dilapidar nóminas alleas tras unha bebedela. A expansión de Rinoceronte comeza pola colección Inversa, onde verquerán clásicos galegos a outras linguas. Ao primeiro, en castelán, Longa noite de pedra, perdido nos catálogos peninsulares, e Gramática do silencio, a compilación póstuma de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Archivado En