LUCES

Arantza Vilar

Á actriz de Nut Teatro gústanlle as propostas portables de Edicións Positivas. "Falamos de autores novos, narracións diversas a cabalo entre a prosa e a poesía, formato lixeiro de peto... Ideal para levar enriba no verán". Recomenda O demo e o profundo mar azul, de Eva Moreda; Metalurxia, de Carlos Santiago, e A rutina é o deber de todas as criaturas, de Manolo Cortés. "Para o inverno deixaría clásicos como Rosalía de Castro ou Manuel Antonio". Se houbese que non recomendar algo en concreto, escolle o gusto particular antes cás escolmas meditadas. "Non gusto moito da liter...

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites

Á actriz de Nut Teatro gústanlle as propostas portables de Edicións Positivas. "Falamos de autores novos, narracións diversas a cabalo entre a prosa e a poesía, formato lixeiro de peto... Ideal para levar enriba no verán". Recomenda O demo e o profundo mar azul, de Eva Moreda; Metalurxia, de Carlos Santiago, e A rutina é o deber de todas as criaturas, de Manolo Cortés. "Para o inverno deixaría clásicos como Rosalía de Castro ou Manuel Antonio". Se houbese que non recomendar algo en concreto, escolle o gusto particular antes cás escolmas meditadas. "Non gusto moito da literatura medieval, así que non a recomendaría", sinala. "Tampouco lería obras de carácter nostálxico-melancólico, e por iso preferiría deixar para o inverno a Rosalía ou Manuel Antonio". A muller que encarnou á dramaturga Sarah Kane na primeira versión galega de 4:48 Psicose, a cargo de Nut Teatro, lerá El ansia, da Nobel Elfriede Jellinek; O son da xordeira, da artista audiovisual Antía Otero, e aínda conta rematar a biografía de Mao de Jun Chang. "A ver se a remato", di. Estamos falando de Mao. La historia desconocida, de Jung Chang.

Más información
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En